Tirso Virgós Pintos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1906 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de setembro de 1967 (60 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Leoncio Virgós Guillén |
Irmáns | Fernando Virgós Pintos |
Tirso Virgós Pintos, nado en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1906[1] e finado en Vilagarcía de Arousa o 30 de setembro de 1967,[2] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Leoncio Virgós Guillén, farmacéutico e médico santiagués. Foi militante do Partido Socialista dende 1930. Pertenceu á "Federación de Entidades Socialistas Obreras, Agrarias y Marineras de la Comarca de Santiago" e foi promotor e primeiro director do seu voceiro Trabajo.[3] Combateu na guerra civil no exército franquista e despois foi inspector de policía, estando destinado en Vilagarcía de Arousa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Familia Virgós de Mirambel
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 1-10-1967, p. 9.
- ↑ El Compostelano, 8-6-1931, p. 1