Thomas Say
Retrato de Thomas Say por Charles Wilson Peale (1818) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1787 Philadelphia, Pennsylvania |
Morte | 10 de outubro de 1834 New Harmony, Indiana |
Causa da morte | Febre tifoide |
Lugar de sepultura | Nova Harmonia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia natural |
Ocupación | botánico , explorador , ornitólogo , carcinólogo , biólogo , zoólogo , malacólogo , entomólogo , escritor |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Say |
Abreviatura do autor en zooloxía | Say |
Familia | |
Cónxuxe | Lucy Say |
Thomas Say, nado o 27 de xuño de 1787 en Filadelfia, Pensilvania, e finado o 10 de outubro de 1834 en New Harmony, Indiana, foi un entomólogo, carcinólogo e herpetólogo estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os seus estudos sobre insectos e crustáceos, as súas numerosas publicacións en revistas científicas e as súas expedicións científicas a Florida, Xeorxia, as Montañas Rochosas, México e outros lugares, convertérono nun naturalista de renome internacional. Say foi chamado o pai da entomoloxía descritiva norteamericana e da carcinoloxía norteamericana.
Exerceu de bibliotecario na Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, conservador da American Philosophical Society e profesor de Historia Natural na Universidade de Pensilvania.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|