Saltar ao contido

The Speed Cubers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Speed Cubers
Ficha técnica
Título orixinalThe Speed Cubers
DirectorSue Kim
Produtor
Intérpretes
MúsicaDan Vidmar
Montaxe
  • Katie Turinski
  • Dylan Sylwester
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea29 de xullo de 2020
Duración40 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt12038300 Rottentomatoes: m/the_speed_cubers Netlix: 81092143Editar o valor em Wikidata

The Speed Cubers é un filme documental de 2020 dirixido por Sue Kim. Conta as vidas dos campións de velocidade resolvendo un cubo de Rubik, Max Park e Feliks Zemdegs.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O documental recolle as "extraordinarias reviravoltas nas viaxes dos campións de resolución do cubo de Rubik Max Park e Feliks Zemdegs".

Produción[editar | editar a fonte]

O foco principal do documental é a rivalidade e a amizade entre dous máis rápidos do mundo, Max Park e Feliks Zemdegs. Anunciado en xuño de 2020, o filme foi dirixido por Sue Kim e estreouse o 29 de xullo de 2020 en Netflix.[1][2]

Evento[editar | editar a fonte]

Algunhas das imaxes foron rodadas nos Campionatos do Mundo de 2019 da World Cube Association, celebrados en Melbourne, Australia.

Acollida[editar | editar a fonte]

Na páxina web do agregador de recensións Rotten Tomatoes, o 100% das recensións de 13 críticos son positivas, cunha cualificación media de 8.2/10. O 9 de febreiro de 2021, o documental foi preseleccionado na categoría mellor curtametraxe documental na 93ª edición dos Óscar.[3] Na 5ª edición dos Critics' Choice Documentary Awards, The Speed Cubers foi nomeado a mellor curtametraxe documental.[4] O filme tamén recibiu un nomeamento ao Premio Peabody na categoría de documentais.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lindahl, Chris (24 de xuño de 2020). "Netflix to Premiere Three New Documentary Shorts This Summer — Exclusive". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  2. Han, Karen (1 de xullo de 2020). "Netflix shows off the superhuman speed, and human drama, of competitive Rubik's Cube". Polygon. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  3. "93rd Oscars shortlists in nine award categories announced". Oscars.org | Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2021-02-09. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-11. 
  4. Hammond, Pete (26 de outubro de 2020). "Critics' Choice Documentary Awards Nominations: Mr. Soul, Gunda, Crip Camp And Totally Under Control Top List". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  5. Tapp, Tom (4 de maio de 2021). "Peabody Awards Nominees Include All In, I May Destroy You, Late Show, More". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2021. Consultado o 4 de maio de 2021.