Talib
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Dubai_Jumeirah_Creek_Museum_1301200712734_madrasa_school.jpg/220px-Dubai_Jumeirah_Creek_Museum_1301200712734_madrasa_school.jpg)
Un talib (talibe en plural) é un estudante dunha escola coránica ou madrasa. No xiísmo é un paso para se converter en mulá. No mundo occidental son por veces coñecidos como talibán, forma orixinada no paxto pero que só é correcto utilizala referida aos estudantes dos seminarios relixiosos de Paquistán e Afganistán xa que palabra pasou ás linguas occidentais a raíz da aparición do movemento talibán a finais do século XX.