Syra Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Syra Alonso Brufau 1899 A Coruña, España |
Morte | 1970 (70/71 anos) México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Miguel |
Fillos | Francisco Alberto, Juan Ramón e Sandro [1] |
Syra María Alonso Brufau, nada na Coruña en 1899 e finada en México en 1970, foi unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Procede dunha familia da burguesía comercial coruñesa. A súa vida emparéllase coa do artista Francisco Miguel, co que casa en 1920.[1] Despois viaxaron a Montparnasse, París (1923), e Cuba, até deterse en 1926 nun México eufórico no que destaca a convivencia con David Alfaro Siqueiros e a poeta Blanca Luz Brum que marca as súas vidas. Durante a súa estadía en México coñeceu ao cineasta Sergei Eisenstein, que se apaixona por ela. Syra ten tres fillos [2] e Francisco Miguel retrátaa unha morea de veces no amplo álbum de debuxos nos que se adiviña a súa imaxe. O 10 de novembro de 1933 a parella embarcou cos seus cativos no vapor Cristóbal Colón para regresar a Galicia. Establecen a súa residencia no Porto de Santa Cruz (Oleiros), na que Syra chama a Casa da Felicidade, nome que sería lembrado despois por ela con nostalxia.
O 3 de agosto de 1936 a Garda Civil detén a Francisco Miguel acusado de actuar contra o réxime militar golpista, sendo fusilado o 28 de setembro. Dous anos despois, Syra comezou a escribir un diario no que recolleu o período de agochamento en Galicia ata que conseguiu saír cos seus fillos de novo para México en 1942, vía Lisboa. Despois de vivir en Actopán, residiu en distintos domicilios de Cidade de México e Cuernavaca. Os últimos anos pasounos en México D.F., ata a súa morte producida por un cancro de ósos.
No ano 2000 a editorial A Nosa Terra publicou Syra Alonso: Diarios, con tradución de Anxos Sumai. [4][5]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Debuxo de Syra a liña, dos moitos que Francisco Miguel elaborou.
-
Syra e Francisco Miguel en 1934.
-
Syra, Francisco Miguel e os seus tres fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Repertorio biobibliográfico do exilio galego 2001, CCG.
- ↑ "El drama de Syra Alonso". La Voz de Galicia. 22/3/2003.
- ↑ "Memoria de Santa Cruz" La Opinión Coruña, 16/8/2015.
- ↑ Ficha na web de Casa del Libro
- ↑ "Ficha de Anxos Sumai na editorial Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Syra Alonso |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso, Syra; García Sumai, Anxos (trad.) (2000). Diarios. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-95350-10-6.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 18–20. ISBN 978-84-8341-146-9.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Syra Alonso". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Vidal, Carme. Syra Alonso no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega, 2006.
- Repertorio biobibliográfico do exilio galego CCG.