Svetloplachosť

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Svetloplachosť
Ficha técnica
Título orixinalSvetloplachosť
DirectorIvan Ostrochovský
Pavol Pekarčík
Produtor
  • Ivan Ostrochovský
  • Albert Malinovský
  • Katarína Tomková
  • Tomáš Michálek
  • Kristýna Michálek Květová
GuiónIvan Ostrochovský
Pavol Pekarčík
IntérpretesNikita Tyshchenko
MúsicaRoman Kurhan
Michal Novinski
FotografíaIvan Ostrochovský
Pavol Pekarčík
MontaxeIvan Ostrochovský
Pavol Pekarčík
Martin Piga
EstreaVenecia: 1 de setembro de 2023
Duración71 minutos
OrixeEslovaquia Eslovaquia
República Checa República Checa
Ucraína Ucraína
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt28635495 Editar o valor em Wikidata

Svetloplachosť é un filme de 2023 escrito e dirixido por Ivan Ostrochovský e Pavol Pekarčík. Estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Giornate degli Autori, no cal gañou o premio Europa Cinemas Label.[1][2] É unha coprodución entre Eslovaquia, a República Checa e Ucraína, e foi rodado en Ucraína durante a invasión rusa.[2]

Foi escollido como candidato de Eslovaquia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme conta a vida cotiá dunha familia ucraína que vive nos túneles da estación de metro de Khárkiv para protexerse dos bombardeos rusos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Nikita Tyshchenko como Niki
  • Viktoriia Mats como Vika
  • Yana Yevdokymova como nai de Niki
  • Yevhenii Borshch como padrasto de Niki
  • Anna Tyshchenko como Anya, irmá de Niki
  • Vitaly Pavlovitch como Cowboy

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goodfellow, Melanie (8 de setembro de 2023). "'Humanist Vampire Seeking Consenting Suicidal Person', 'Through The Night' & 'Photophobia' Scoop Giornate Degli Autori Awards At Venice". Deadline. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Roxborough, Scott (8 de setembro de 2023). "Venice: Ukraine Drama 'Photophobia' Wins Europa Cinemas Label Award". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de outubro de 2023. 
  3. F. N. E. Staff (27 September 2023). "Oscar Watch 2024: Slovakia Selects Photophobia as Oscar Contender - FilmNewEurope.com". FilmNewEurope.com (en inglés). Consultado o 5 October 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]