Shakespeare destilado
Shakespeare destilado | |
---|---|
Título orixinal | Shakespeare destilado |
Autor/a | Xesús Constela |
Orixe | Galiza |
Lingua | Galego |
Colección | Literaria |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2008 |
Páxinas | 188 |
ISBN | 978-84-9865-134-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Shakespeare destilado é unha novela de Xesús Constela publicada en 2008, por Editorial Galaxia.
Concibida coma o longo monólogo dun home bébedo, acadou no ano 2008 o Premio Manuel García Barros, organizado polo Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Pontevedra.
Descrición[editar | editar a fonte]
Na novela o autor manexa a linguaxe coloquial, co seu ritmo ás veces sincopado, as súas reviravoltas e o seu sentido do humor, para narrar a historia de Willy, un personaxe que teima en construír a maqueta dunha cidade dentro do piso onde vive enclaustrado e onde se estimula a base de gin tonics e lecturas dos Sonetos de Shakespeare.
O contraste -contrapuntístico e musical- entre a linguaxe informal do monólogo e as alusións á literatura, a mestura entre o delirio etílico e o delirio literario, entre o sublime da alta literatura dos sonetos e a vida ruín e desleixada do protagonista, acada enorme forza narrativa, crea un efecto burlesco que cuestiona o status da ficción, a verosimilitude e mesmo o papel do autor como creador todopoderoso.
A historia de Willy é a historia da construción da maqueta, que a personaxe vai erguendo casa a casa e rúa a rúa ata que a cidade enteira e os seus habitantes cobran vida.
Metáfora burlesca da literatura, Shakespeare destilado é unha novela que procura a diversión do lector, que aproveita o relato para reflexionar sobre o poder da literatura, sobre todo como gozar dela sen perder a liberdade.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Ao castelán por Iolanda Mato Creo co título de Shakespeare destilado publicado en 2013 por Pulp Books[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.