Sesé Mateo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María José Mateo García 26 de decembro de 1965 Chapela, España |
Morte | 20 de febreiro de 2017 (51 anos) Chapela, España |
Causa da morte | homicidio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | activista social , poetisa , sindicalista |
Pseudónimo literario | Sesé Mateo |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | sesemateo.es |
María José Mateo García, máis coñecida como Sesé Mateo, nada en Chapela (Redondela) o 26 de decembro de 1965 e finada na mesma parroquia o 20 de febreiro de 2017, foi unha traballadora do social, feminista e poeta afeccionada galega, asasinada pola súa parella nun crime de violencia de xénero.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrada en Venezuela, onde tivo dous fillos, ao seu regreso colaborou con diversas organizacións sociais. Militou no sindicato CXT e na CIG, onde foi escollida delegada sindical mentres traballaba en Pescanova.
Foi asasinada en 2017 pola súa exparella, Emilio Fernández Castro.[1]
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- No camiño do vento (2019), inclúe poemas en lingua galega e lingua castelá. ISBN 978-84-09-08738-9.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Montse Dopico (10 de marzo de 2019). "Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte". Praza Pública. Consultado o 11 de marzo de 2019.
- ↑ Sertal, Carolina (27 de novembro de 2021). "Patricia Costa. Galardonada con el I Premio Sesé Mateo. "Este premio da visibilidad a la gran labor realizada por Joshua Mateo"". Faro de Vigo (en español). p. 12.
- ↑ La fecunda herencia de Sesé Mateo, Cadena SER, 10 de marzo de 2019 (en castelán).