Senén Bernárdez Ferrán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1962 (62 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | director de televisión |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Senén Bernárdez |
Senén Bernárdez Ferrán, nado en Ourense o 28 de abril de 1962, é un director, realizador, guionista e creador de programas de televisión galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É fillo de Senén Bernárdez Álvarez, presidente de Coalición Galega e ex deputado e senador.
Licenciouse en Ciencias da Imaxe na Facultade de Ciencias da información da Universidade Complutense de Madrid en 1985. En novembro dese ano comezou a traballar na TVG. A partir de 1989 empezou a realizar e dirixir diversos tipos de programas como retransmisións, música en directo, teatro, magazines ou documentais.
Dirixiu os programas Atalaia, Espacio aberto, algúns capítulos de Sombras de Crime, Gallaecia Fulget: Historia da Universidade de Santiago de Compostela, O Científico na Antártida, Montevideo: pintando o ceo máis azul, Europeos: Destinos cruzados, Alalá e No bico un cantar.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Senen Bernardez". LinkedIn. Consultado o 085/08/2022.