A selección de hóckey a patíns masculina de Alemaña é o equipo que representa a Alemaña nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Entre 1926 e 1934, Alemaña viviu un período de relativo éxito a nivel europeo, xa que se converteu nun dos equipos habituais nas semifinais, acadando sempre esta rolda agás en 1931, mais, sen dúbida, os maiores logros dos xermanos nos Campionato de Europa foron os dous subcampionatos consecutivos acadados nas edicións de 1932 e 1934, nos que caeu na final fronte á gran dominadora do hóckey a patíns durante os anos '20 e '30 do século XX, Inglaterra, porén, logo desas dúas finais o equipo non volveu subir ao podio ata o ano 1973, cando conseguiu o terceiro posto. A nivel mundial, Alemaña viviu a súa mellor etapa na década dos anos '70, cando conseguiu chegar catro veces consecutivas ás semifinais en 1972, 1974, 1976 e 1978, repetindo así o seu mellor resultado conseguido en 1956 e en toda a súa historia. O seu primeiro título chegou en 1937, cando se adxudicou o Torneo das Nacións de Montreux, título que revalidaría en 1978. Oito anos despois do último título conquistado en Montreux, chegou o seu terceiro e último título ata a data, o Campionato do Mundo "B" conquistado en Cidade de México logo de derrotar os Países Baixos na final. No 2010, a selección alemá participou na Copa América, conseguindo un meritorio quinto posto, ese mesmo ano lograba igualar o cuarto posto no Campionato de Europa, celebrado en Wuppertal (Alemaña).