Santos Fernández Fueyo
Biografía | |
---|---|
Morte | 19 de novembro de 1946 Ourense, España |
Alcalde de Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Santos Fernández Fueyo, finado en Ourense o 19 de novembro de 1946,[1] foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viaxante de comercio de Ourense. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Militante do Partido Radical,[2] foi vicepresidente do partido en Ourense (1934). Trala folga xeral revolucionaria de 1934 foi nomeado alcalde de Ourense o 18 de outubro.[3] Permaneceu no cargo até xaneiro de 1936.
Predecesor: Antonio Álvarez Dopazo |
Alcalde de Ourense 1934 - 1936 |
Sucesor: Rogelio Núñez de Couto |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Ourense con Elena Rego Luaces en decembro de 1903,[4] e foi pai de Manuel, Elena, María de la Concepción, Enrique e María de la Luz Fernández Rego.