Santiago Pérez Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1972 (52 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Altura | 179 cm |
Peso | 70 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Santiago Pérez Alonso, nado o 15 de xaneiro de 1972 en Vigo, é un atleta ourensán especializado nas probas de marcha.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Empezou de moi novo disputando xa probas de marcha e proclamouse campión de España de categorías de idade en varias ocasións. A partir de 1997 comezou a competir a alto nivel internacional, sempre na proba de longa distancia, a marcha de 50 km, e quedou 6º nos campionatos de Europa de Budapest de 1998. Ao ano seguinte, foi finalista nos mundiais de Sevilla.
Logo de atravesar distintas lesións que o mantiveron afastado da competición e que o privaron de acudir aos Xogos de Sydney, participou por primeira vez nunha final olímpica en Atenas 2004, obtendo o máis brillante resultado dun marchador galego na historia: o oitavo posto e diploma olímpico, cun tempo de 3:49'48".
Nos mundiais de Osaca dominou a proba durante o primeiro terzo, pero retirouse no km. 22 por un problema físico na súa perna dereita.
Outros datos[editar | editar a fonte]
O seu club é o Ourense Academia Postal. O seu adestrador o español José Marín.
Foi internacional coa selección española en 16 ocasións. A súa mellor marca sobre os 50 kms é 3:45'55".
Desde o ano 2009 dirixe a escola galega de marcha, con sede en Pontevedra.
Notas
- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Pérez Alonso |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Pérez Alonso, Santiago". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 88.