Sabela, nai de Xoán Bautista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. Hebrom (Reino herodiano) |
Morte | século I |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de novembro |
Familia | |
Familia | Aharón e Levite (en) |
Cónxuxe | Zacarías |
Fillos | Xoán o Bautista, John the Baptist in Islam (en) |
Parentes | Santa María (valor descoñecido) |
Cronoloxía | |
Visitación |
Isabel ou Sabela (en grego Ἐλισάβετ e en hebreo אֱלִישֶׁבַע / אֱלִישָׁבַע) foi a nai de Xoán Bautista. Ademais era descendente de Aharón, parente de María e esposa de Zacarías, de acordo co Evanxeo de Lucas.
Narración bíblica[editar | editar a fonte]
Deus enviou o arcanxo Gabriel a Nazaret, en Galilea, para comunicarlle a María, parente de Isabel, que concibiría polo Espírito Santo un fillo, que se chamaría Xesús. O arcanxo informoulle tamén de que a seu parente Isabel comezara o seu sexto mes de embarazo. María viaxou a un monte de Hebrón, en Xudea, para visitar a Isabel (Lucas 1:26-40).
Esta visita da Virxe María á seu parente Isabel constitúe o misterio da Visitación á Virxe María (Lucas 1:39-56). María loa a Deus cunha oración chamada Magnificat.
Tradición[editar | editar a fonte]
Segundo a tradición, Isabel é filla dunha muller chamada Sobe, filla de Eliud, da tribo de Levi e de Emerenciana. Esta, ao quedar viúva casa con Matán (Mt. 1,15), natural de Belén e dedícanse á crianza de ovellas. Foron os pais de Ana, a nai de María e a avoa materna de Xesús.
Apócrifos[editar | editar a fonte]
Moitos evanxeos apócrifos mencionan a Isabel. O máis famoso é o Evanxeo de Santiago, que menciona que o seu esposo, Zacarías, foi asasinado.
Santidade[editar | editar a fonte]
Isabel é venerada como santa pola Igrexa católica o 5 de novembro. Na Igrexa ortodoxa e na Igrexa Anglicana éo o 5 de setembro, o mesmo día que Zacarías. Isabel está considerada como matriarca no santoral (5 de novembro) da Igrexa Luterana Sínodo de Misuri e Zacarías é considerado un profeta.