Sabahudin Bilalović
Dino Bilalović | |
---|---|
Posición | Pivote |
Altura | 2,10 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 106 kg (234 lb) |
Nacemento | 7 de maio de 1960 Trebinje, Iugoslavia |
Morte | 29 de xullo de 2003 (43 anos) Makarska, Croacia |
Carreira | |
Tempadas | 1977–1998 |
Internacional | Iugoslavia Bosnia e Hercegovina |
Equipo(s) | |
Bosna Sarajevo (1977–1989) Vojvodina Novi Sad (1989–1990) Bosna Sarajevo (1990–1992) Hapoel Nahariya (1992–1993) DYC Lugo (1993–1994) KK Zagreb (1994–1995) Lugano (1995) Speyer (1995–1996) Česko 93 (1997–1999) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 391 (15,0 pp) |
Rebotes | 170 (6,5 pp) |
Triplas | 51 (41%) |
Premios | |
1× Euroliga (1979) 1× Máximo anotador Eurobasket 1993 (24,6 pp) |
Sabahudin Bilalović, coñecido como Dino Bilalović, nado o 7 de maio de 1960 en Trebinje, Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia) e finado o 29 de xullo de 2003 en Makarska, Croacia,[1] foi un xogador profesional de baloncesto internacional, que cunha estatura de 2,10 metros xogaba na posición de pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1979, como xogador do Bosna Asa e nos seus primeiros anos de carreira, gañou a Copa de Europa de Baloncesto. Internacional coa selección de Iugoslavia, apareceu por primeira vez coa selección de Bosnia e Hercegovina trala desintegración iugoslava no EuroBasket de Alemaña de 2003, onde foi o máximo anotador do torneo con preto de 25 puntos por encontro.
Durante a súa etapa na liga ACB, no Breogán de Lugo, conseguiu facer unha media 15 puntos e 6,5 rebotes por encontro, destacando sobre todo as súas 51 triplas dese ano (cun 41% de acerto), dato moi consedirable e máis aínda tendo en conta que xogaba como pivote. Morreu en xullo de 2003 durante unhas vacacións de Makarska, Croacia, debido a problemas cardíacos previamente diagnosticados.
Clubs[editar | editar a fonte]
- Bosna Sarajevo (1977–1989)
- Vojvodina Novi Sad (1989–1990)
- Bosna Sarajevo (1990–1992)
- Hapoel Nahariya (1992−1993)
- DYC Lugo (1993–1994)
- KK Zagreb (1994–1995)
- Lugano (1995)
- Speyer (1995−1996)
- Česko 93 Sarajevo (1997−1999)