Rusia nos Xogos Olímpicos
Rusia nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | RUS | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Ruso olympic | ||||
Medalleiro |
|
Rusia competiu nos Xogos Olímpicos modernos en moitas ocasións, mais como diferentes nacións ao longo da súa historia. Como o Imperio Ruso, o país competiu por vez primeira nos Xogos de 1900, competindo de novo en 1908 e 1912. Despois da Revolución Rusa de 1917 e o estabelecemento da Unión Soviética en 1922, pasarían trinta anos até que os deportistas rusos competisen de novo nas Olimpíadas, producíndose nos Xogos Olímpicos de 1952. Logo da disolución da Unión Soviética en 1991, Rusia competiu como parte do Equipo Unificado en 1992, e finalmente regresou á competición como Rusia nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994.
O Comité Olímpico Ruso foi creado en 1991 e recoñecido oficialmente en 1993. A Unión Soviética foi a sede dos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, e a Federación Rusa acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 en Sochi.
En total, os deportistas da Federación Rusa gañaron un total de 426 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán e outras 120 nos Xogos Olímpicos de Inverno, sendo un total de 546, sendo o segundo país con máis medallas, só por detrás dos Estados Unidos.
Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]
Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]
Xogos | Atletas | Ouro | Prata | Bronce | Total | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1900–1912 | como parte do Imperio Ruso | |||||
1920–1948 | Non participou | |||||
1952–1988 | como parte da Unión Soviética | |||||
Barcelona 1992 | como parte do Equipo Unificado | |||||
Atlanta 1996 | 390 | 26 | 21 | 16 | 63 | 2 |
Sydney 2000 | 435 | 32 | 28 | 29 | 89 | 2 |
Atenas 2004 | 446 | 28 | 26 | 36 | 90 | 3 |
Pequín 2008 | 455 | 24 | 13 | 23 | 60 | 3 |
Londres 2012 | 436 | 20 | 20 | 28 | 68 | 4 |
Río de Xaneiro 2016 | 291 | 19 | 17 | 20 | 56 | 4 |
Toquio 2020 | como o ROC | |||||
París 2024 | Evento futuro | |||||
Os Ánxeles 2028 | Evento futuro | |||||
Total | 149 | 125 | 152 | 426 | 12 |
Medallas nos Xogos de Inverno[editar | editar a fonte]
Xogos | Atletas | Ouro | Prata | Bronce | Total | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|
1924–1952 | Non participou | |||||
1956–1988 | como parte da Unión Soviética | |||||
Albertville 1992 | como parte do Equipo Unificado | |||||
Lillehammer 1994 | 113 | 11 | 8 | 4 | 23 | 1 |
Nagano 1998 | 122 | 9 | 6 | 3 | 18 | 3 |
Salt Lake City 2002 | 151 | 5 | 4 | 4 | 13 | 5 |
Turín 2006 | 190 | 8 | 6 | 8 | 22 | 4 |
Vancouver 2010 | 177 | 3 | 5 | 7 | 15 | 11 |
Sochi 2014 | 232 | 11 | 10 | 9 | 30 | 1 |
Pyeongchang 2018 | como parte dos Atletas Olímpicos de Rusia | |||||
Pequín 2022 | Evento futuro | |||||
Milán–Cortina 2026 | Evento futuro | |||||
Total | 47 | 39 | 35 | 121 | 9 |
Medallas por deporte[editar | editar a fonte]
- Xogos de Verán
Deporte | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|
Loita | 31 | 11 | 14 | 56 |
Ximnasia | 22 | 21 | 21 | 64 |
Atletismo | 20 | 21 | 19 | 60 |
Esgrima | 13 | 5 | 8 | 26 |
Boxeo | 10 | 5 | 15 | 30 |
Natación sincronizada | 10 | 0 | 0 | 10 |
Tiro | 7 | 13 | 11 | 31 |
Natación | 5 | 9 | 9 | 23 |
Ciclismo | 5 | 5 | 9 | 19 |
Judo | 5 | 4 | 7 | 16 |
Saltos | 4 | 6 | 8 | 18 |
Halterofilia | 4 | 7 | 7 | 18 |
Péntatlon moderno | 4 | 1 | 0 | 5 |
Tenis | 3 | 3 | 2 | 8 |
Piragüismo | 2 | 3 | 8 | 13 |
Balonmán | 2 | 1 | 1 | 4 |
Voleibol | 1 | 3 | 2 | 6 |
Remo | 1 | 0 | 2 | 3 |
Taekwondo | 0 | 2 | 2 | 4 |
Wáter-polo | 0 | 1 | 3 | 4 |
Tiro con arco | 0 | 1 | 1 | 2 |
Vela | 0 | 1 | 1 | 2 |
Baloncesto | 0 | 0 | 3 | 3 |
Bádminton | 0 | 0 | 1 | 1 |
Total | 149 | 125 | 152 | 426 |
- Xogos de Inverno
Deporte | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|
Esquí de fondo | 14 | 10 | 9 | 33 |
Patinaxe artística | 14 | 9 | 3 | 26 |
Bíatlon | 10 | 5 | 8 | 23 |
Patinaxe de velocidade | 3 | 5 | 5 | 13 |
Patinaxe de velocidade sobre pista curta | 3 | 1 | 1 | 5 |
Snowboard | 2 | 2 | 1 | 5 |
Skeleton | 1 | 0 | 2 | 3 |
Luge | 0 | 3 | 0 | 3 |
Esquí acrobático | 0 | 1 | 3 | 4 |
Bobsleigh | 0 | 1 | 1 | 2 |
Hóckey sobre xeo | 0 | 1 | 1 | 2 |
Esquí alpino | 0 | 1 | 0 | 1 |
Combinada nórdica | 0 | 0 | 1 | 1 |
Total | 47 | 39 | 35 | 121 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Rusia". International Olympic Committee.
- "Rusia". Olympedia.com.
- "Olympic Analytics/RUS". olympanalyt.com.