Roxerio
Roxerio, Roxer[1] ou Roxelio, é un antropónimo masculino nas súas variantes en lingua galega, que provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». A súa forma latina sería Rogerius e era moi habitual na Idade Media. O feminino é Roxeria ou Roxelia.
Santoral[editar | editar a fonte]
- 16 de setembro, San Roxerio (Íllora, Granada s. IX- † Córdoba) foi un freire mártir. Os atributos son un crucifixo levantado nunha man, libro de evanxeos na outra e sangue no pescozo polo seu martirio.
O nome en Galicia[editar | editar a fonte]
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, as variantes galegas Roxerio, Roxer ou Roxelio teñen actualmente unha frecuencia inferior a 20 para o total nacional (ou inferior a 5 por provincia), polo que, por segredo estatístico, non se proporcionan datos ao respecto. A variante en castelán Rogelio é un nome común, tendo en conta toda España, en Galicia, Asturias e León danse as maiores porcentaxes. En Galicia hai actualmente 1896 varóns co nome. Con todo, Roxerio e as súas variantes é un nome pouco usado hoxe en día. A variante feminina Roxeria ou Roxelia tampouco aparece representada, porén 223 mulleres levan a variante castelá Rogelia en Galicia, cunha media de idade de case 70 anos.[2]
Persoas celebres[editar | editar a fonte]
- San Roxerio, freire español do século IX.
Galegos[editar | editar a fonte]
- Roxelio Rivero, As Neves, foi un escritor e xornalista galego.
- Roxelio Lois Estévez, Pontevedra, 1842, foi un xornalista galego.
- Roxelio Pérez González (Roxerius), Rianxo, 1897, foi un mestre e pedagogo galego.
- Roxelio Rodríguez de Bretaña, Ourense,1917, foi un político galego.
- Roxelio Rodríguez Díaz, Petín, foi un xornalista e escritor galego.
- Roger de Flor, Limodre (Fene), 1977, músico, cantante, compositor e produtor galego.
- Rogelio Santiago (Lelé), Marín, 1911, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego.
- Rogelio Groba Groba, Guláns (Ponteareas), 1930, músico e compositor galego.
- Rogelio Groba Otero, músico e compositor galego, fillo do anterior.
- Rogelio Martínez González, 1957, delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
- Rogelio Caridad Pita, A Coruña, 1874, foi un militar galego.
- Rogelio Tapia, foi un futbolísta galego.
- Rogelio Bernárdez García (Gaitos), Vigo, 1924, foi un futbolista galego.
- Rogelio González Suárez, Salcedo, 1906. Foi un político galego.
- Rogelio Arca Rivas, Cerdedo, 1913, foi un canteiro e miliciano anarquista galego.
- Rogelio Martínez Garzón, Marín, 1857, foi un comerciante e político galego.
- Rogelio Gómez Fernández (Gelucho), Teo, 1970, ex xogador e actual adestrador de fútbol galego.
- Rogelio Diz Fuentes, Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), 1912, foi un labrego, canteiro e político galego.
Outras personalidades[editar | editar a fonte]
- Rogelio Araya, político arxentino.
- Rogelio Barriga Rivas, escritor mexicano.
- Rogelio Baón, político español.
- Rogelio Conesa Martínez, produtor español.
- Rogelio Guedea, Colima, 1974, poeta, ensaísta e tradutor mexicano.
- Rogelio Legasa, Zaragoza, 1974, xogador de baloncesto profesional español.
- Rogelio Martínez Díaz ("El Gallego"), Matanzas, 1905, foi un músico cubano.
- Rogelio Salmona, París, 1927, foi un arquitecto franco-colombiano.
- Rogelio Pampols, Almacelles (Lleida), 1936, exfutbolista catalán.
- Rogelio Polesello, escultor arxentino.
- Luis Rogelio Rodríguez-Comendador Pérez, Madrid, 1959, é un político español.
- Roger Mortimer, Londres, 1287 , foi o oitavo home de Wigmore.
- Roger O'Donnell, Londres, 1955, teclista inglés coñecido pola banda The Cure.
- Roger D. Kornberg, St. Louis (Missouri), 1947, bioquímico estadounidense.
- Roger Y. Tsien, Nova York, 1952, bioquímico estadounidense, de orixe chinesa.
- Roger Martin du Gard, Neuilly-sur-Seine, 1881, foi un novelista francés.
- Roger Bacon, Ilchester, 1214, foi un filósofo inglés.
- Roger Federer, Basilea, 1981, xogador de tenis suízo.
- Roger Miller, Míchigan, cantante, compositor e multi-instrumentista estadounidense.
- Roger Ebert, Urbana (Illinois), 1942, crítico cinematográfico.
- Roger Daltrey, Londres, 1944, cantante de rock, compoñente e fundador inglés da banda musical británica The Who.
- Roger Moore, Stockwell (Londres), 1927, actor inglés.
- Roger Waters, Surrey, 1943, músico, compositor inglés.
- Roger Casement (Ruairí Mac Easmainn), Sandycove, 1864, foi un diplomático irlandés.
- Roger Taylor, 1949, cantautor e multiinstrumentista inglés.
- Roger Torrent i Ramió, Sarrià de Ter, 1979, presidente do Parlamento de Cataluña.
Ficción[editar | editar a fonte]
- Roger Rabbit, coello de debuxos animados, coñecido polo filme Quen enganou a Roger Rabbit?.
Roxerio noutras linguas[editar | editar a fonte]
- Lingua alemá: Rüdiger, Rutger, Ruetger, Rudgar, Ruotger, Routger, Rotger ou Rötger.
- Lingua castelá: Rogelio
- Lingua catalá: Roger
- Lingua francesa: Roger
- Lingua galesa: Rosser, Rozier
- Lingua grega: Ρογήρος - Rogéros
- Lingua húngara: Rezső
- Lingua inglesa: Roger
- Lingua islandesa: Hróar, Hróðgeir
- Lingua italiana: Ruggero, Roggero, Ruggeri, Ruggiero, Rugiero.
- Lingua latina: Rogerius
- Lingua neerlandesa: Rogier o Rutger.
- Lingua norueguesa: Roar
- Lingua polonesa: Roger
- Lingua portuguesa: Rogério
- Lingua sueca: Roar, Roger, Rutger