Rowland Hill
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1795 Kidderminster (pt) |
Morte | 27 de agosto de 1879 (83 anos) Hampstead (pt) |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster cemiterio de Highgate |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (–1801) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Mestre |
Ocupación | mestre , político , inventor |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Caroline Pearson |
Pais | Thomas Wright Hill (pt) e Sarah Lea (en) |
Irmáns | Matthew Davenport Hill (pt) , Arthur Hill (en) , Edwin Hill (en) e Frederic Hill (en) |
Premios | |
Rowland Hill, nado o 3 de decembro de 1795 e finado o 27 de agosto de 1879, foi un profesor e reformador social británico. Coñecido pola reforma do sistema postal británico, baseado no selo postal que debía pagar o remitente do envío e que acabou sendo adoptado internacionalmente como base do sistema postal moderno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Thomas Wright Hill, profesor de ideas innovadoras, Rowland deu clase na escola do seu pai e traballou como secretario da Comisión de Colonización de Australia do Sur (1833-1839). Interesado pola reforma do sistema postal británico, onde as fraudes eran habituais xa que o que tiña que pagar o envío era o destinatario, o que causaba que moitas veces o envío non se recollese e polo tanto os gastos de transporte non se cubrían ou mesmo se utilizaban contrasinais no exterior do envío para dar información ao destinatario sen precisar recoller o envío e polo tanto pagalo, publicou en 1837 o folleto Post Office Reform: its Importance and Practicability propugnando o establecemento dunha taxa uniforme e baixa baseada no peso e non nos quilómetros percorridos e pagada polo remitente. Hill enviou o seu proxecto ao goberno e creouse un comité de estudo na Cámara dos Comúns para o seu estudo e o seu plan foi aprobado en 1839 polo que foi cotratado por dous anos para poñelo en marcha. En 1840 estaba en marcha a reforma, primeiro cun sobre prepagado deseñado por William Mulready que non tivo moito éxito e foi amplamente satirizado por consideralo de mal gusto e axiña co primeiro selo postal, o Penny Black que foi un éxito inmediato.