Rosaly Lopes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1957 (67 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Universidade de Londres |
Actividade | |
Ocupación | xeóloga , astrónoma , vulcanóloga |
Empregador | Laboratorio de Propulsión a Chorro |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | science.jpl.nasa.gov… |
Rosaly MC Lopes-Gautier, nada en Río de Xaneiro o 8 de xaneiro de 1957 é unha xeóloga e astrónoma brasileira, coñecida polo seu traballo en Xeoloxía Planetaria no Jet Propulsion Laboratory (JPL, acrónimo en inglés ) da NASA, á que se uniu en 1989. [1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De nena soñaba con ser astronauta . Non obstante, dada a dificultade de explorar o espazo como brasileira e estudante de escola pública, transformou o soño nun proxecto para estudar espazo e en 1975 marchou a Londres, onde se licenciou en astronomía pola University College . [2]
Cara ao final da súa graduación, interesouse pola xeoloxía dos planetas, unha disciplina que sería obxecto do seu doutoramento ( "Estudos comparativos de características volcánicas na Terra e Marte"), da Universidade de Londres en 1986. Os seus estudos sobre volcáns valéronlle a invitación para traballar en JPL. [3]
Entre 1996 e 2001, traballando no Galileo Flight Project, identificou 71 volcáns activos na superficie de Io, o satélite de Xúpiter. En 2002 uniuse ao equipo do radar de apertura sintética da Cassini.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2007: deu nome a unha base experimental de foguetes, na cidade de Bezerros , en Pernambuco . [4]
- NASA Exceptional Service Award (2007)[1]
- Girl Scouts of America WINGS (Women Inspiring Next Generations) (2007)[1]
- Fellow - American Association for the Advancement of Science (2007)[1]
- Medalha Women at Work (2006)[1]
- Medalla Carl Sagan - American Astronomical Society, Division for Planetary Sciences (2005)[1]
- JPL Excepcional Excelencia Técnica, Galileo Planificación Ciencia e Equipo de Operaciones (2002)[1]
- GEMS Woman of the Year in Science and Technology - GEMS Television, Miami (1997)[1]
- Latinas in Science Award - From the Comisión Feminil Mexicana Nacional (1990)[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Planetary Science: People Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine.. JPL/NASA
- ↑ Entrevista. The Volcano Adventure Guide
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 5 de septiembre de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2013.
- ↑ Cientista brasileira da Nasa ministra palestra na Católica. Boletim Unicap, 6 de noviembre de 2007
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rosaly Lopes-Gautier, geóloga planetaria/ no blog Mujeres con Ciencia