Rosalía Génova Freire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1904 (120 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | José Domingo González Boullosa |
Rosalía Génova Freire, nada en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1904,[1] foi unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Casada co militante comunista José Domingo González Boullosa, vivían en Vilagarcía de Arousa en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 24 de xullo. Permaneceu en prisión sen procesamento xudicial até 1939. As súas fillas, todas menores, foron dadas en adopción a varias familias da provincia de Ourense, aínda que ao saír da cadea puido recuperalas.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Santiago de Compostela con José Domingo González Boullosa en marzo de 1921,[2] e tivo tres fillas e un fillo.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 188–189. ISBN 978-84-09-02453-7.