Ropalidia marginata
Ropalidia marginata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ropalidia marginata | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Ropalidia marginata é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, tribo dos ropalidiinos, unha das numerosas integradas no xénero Ropalidia.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita en 1836 polo entomólogo francés Amédée Louis Michel Lepeletier.[1][2]
Sinónimos[editar | editar a fonte]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Ropalidia indica Vecht, 1941
- Vespa ferruginea Fabricius, 1793
Subespecies[editar | editar a fonte]
Dentro da especie distínguese as seguintes subespecies:[1]
- Ropalidia marginata jucunda (Cameron, 1898)
- Ropalidia marginata marginata (Lepeletier, 1836)
- Ropalidia marginata rufitarsis Vecht, 1941
- Ropalidia marginata sundaica Vecht, 1941
Distribución[editar | editar a fonte]
Ropalidia marginata encóntrase en Paquistán, a India, Sri Lanka, Sueste asiático e Australia. A súa área de distribución esténdese polo oeste até Paquistán e polo leste até Nova Guinea, Queensland e algunhas illas do Pacífico oriental.[3] R. marginata é a avespa social máis común na India.[4] Pero aínda que se estudou extensamente na India, falta bibliografía sobre este animal noutras partes da súa área de distribución.
Características[editar | editar a fonte]
É primitivamente eusocial, non mostra o mesmo nesgo no coidado das crías como ocorre noutros insectos sociais con maior asimetría nas relacións.[5][6]
Esta especie emprega unha variedade de estratexias na fundación de colonias, ás veces con fundadoras únicas e, ás veces, en grupos de número variábel.[7] A raíña non usa o dominio físico para controlar ás obreiras; hai probas de que utilizan feromonas para evitar que outras obreiras superen a realeza.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) no GBIF. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) en BioLib.
- ↑ Kojima, J., Lambert, K., Nguyen, L, & Saito, F. (2007): "Taxonomic notes of the paper wasps of the genus Ropalidia in the Indian subcontinent (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 10 (4): 373–393.
- ↑ Gadagkar, R., Gadgil, M., Joshi, N. & Mahabal, A. (1982): "Observations on the natural history and population ecology of the social wasp Ropalidia marginata (Lep.) from Peninsular India (Hymenoptera: Vespidae)". Proceedings of the Indian Academy of Sciences 91 (6): 539–552.
- ↑ van der Vecht, J. (1941). "The Indo-Australian species of the genus Ropalidia (Icaria) (Hym., Vespidae), first part". Treubia Deel 18: 103–190.
- ↑ van der Vecht, J. (1962). "The Indo-Australian species of the genus Ropalidia (Icaria) (Hymenoptera, Vespidae), second part". Zool. Verhandelingen 57: 1–71.
- ↑ Shakarad, M. & Gadagkar, R. (1995): "Colony founding in the primitively eusocial paper wasp, Ropalidia marginata (Lep.) (Hymenoptera: Vespidae)". Ecological Entomology 20: 273–282.
- ↑ Premnath, S.; Sinha, A. & Gadagkar, R (1996): "Dominance relationships in the establishment of reproductive division of labour in a primitively eusocial wasp Ropalidia marginata". Behavioral Ecology and Sociobiology 39 (2): 125–132.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ropalidia marginata |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.