Ramón Porto Casás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 26 de xaneiro de 1982 (78/79 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Francisco Porto Rey |
Ramón Porto Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1903 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1982, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco Porto Rey. Foi socio fundador do Club Arosa, e membro da Sociedad Recreo Liceo da que foi presidente en 1929.[1] Colaborou en Galicia Nueva e El Pueblo Gallego. Publicou varios folletos sobre Vilagarcía e a ría de Arousa. Vogal da Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa do 6 de agosto de 1931 a novembro de 1932 e presidente da Federación Local de Traballadores da UGT. En 1945 dirixiu o semanario local Aquí.[2] Nomeado correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de Arousa en 1948,[3] foi multado polo gobernador civil en xullo de 1951 por ser reincidente ao "difundir noticias inexactas e tendenciosas".[4] En 1956 dirixiu unha revista ilustrada.[5] Finou en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1982.[6][7]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vilagarcía de Arousa con Teresa Rey Durán en xaneiro de 1931.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-12-1929, p. 11.
- ↑ El Ideal Gallego, 26-9-1945, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-7-1949, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-7-1951, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-8-1956, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 27-1-1982, p. 25.
- ↑ Faro de Vigo, 28-1-1982, p. 22.
- ↑ El Ideal Gallego, 12-1-1933, p. 7.