Ramón Martínez Pérez
Ramoní | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ramón Martínez Pérez | ||
Nacemento | 6 de febreiro de 1929 | ||
Lugar de nacemento | Melilla | ||
Falecemento | 6 de xaneiro de 2017 | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1949–1950 | Atlético Tetuán | 14 | (0) |
1950–1958 | Sevilla | 185 | (20) |
1958–1960 | Granada | 26 | (1) |
1960–1962 | CD Mälaga | 11 | (0) |
Selección nacional | |||
1952 | España | 2 | (0) |
1953 | España B | 1 | (2) |
Adestrador | |||
1969–1973 | Melilla CF | ||
1973–1974 | AD Ceuta | ||
1974–1975 | Melilla CF | ||
1975–1976 | SD Melilla | ||
1976–1977 | Díter Zafra | ||
1977–1978 | Xerez | ||
1978–1981 | Villanovense | ||
1988–1991 | Don Benito | ||
1991–1992 | Palma del Río | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ramón Martínez Pérez, máis coñecido como Ramoní, nado en Melilla o 6 de febreiro de 1929 e finado o 6 de xaneiro de 2017, foi un futbolista e adestrador español que xogaba como centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Debutou na Segunda División nas filas do Atlético Tetuán, na tempada 1949/50, e esa mesma tempada fichou polo Sevilla. Militou durante oito tempadas e media no club andaluz, sumando 174 partidos oficiais e 20 goles. Foi subcampión de liga en dúas ocasións, nas tempadas 1950/51, con Campanal I no banco, e na 1956/57, adestrado por Helenio Herrera.
En 1958 foi traspasado xunto a Arsenio Iglesias ao Granada CF de Scopelli, nunha operación pola que Gilberto Navarro pasou a ser xogador do Sevilla, e na que entrou tamén Loren, cedido ao Granada.[1] Disputou 29 partidos en dúas tempadas co Granada e foi titular na única final de Copa da historia do club, en 1959, contra o FC Barcelona.
Por último xogou dous anos no CD Málaga, co que logrou o ascenso a Primeira en 1962, poñendo fin á súa carreira.
Selección española[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección española en dúas ocasións, en 1952, disputando dous amigables contra a Arxentina e Alemaña Federal.[2] Ao ano seguinte xogou un partido coa selección española B, marcando dous goles contra Alemaña Federal.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Despois de colgar as botas foi adestrador e dirixiu a varios equipos, principalmente de Melilla e Estremadura.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Arsenio y Ramoní, traspasados al Granada a cambio de Navarro". La Noche (en castelán) (11694). 9 de setembro de 1958. p. 14. Consultado o 1 de xuño de 2021.
- ↑ "El internacional melillense Ramón Martínez Pérez "Ramoní"" (en castelán). 17 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1929
- Nados en Melilla
- Finados en 2017
- Futbolistas de España
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Atlético Tetuán
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do CD Málaga
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da AD Ceuta
- Adestradores do Xerez CD