Ramón Lago Portela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 A Coruña |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Lago Portela, nado na Coruña cara a 1885, foi un político galego
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro da Juventud Republicana da Coruña (1910) e do Centro Republicano da Coruña, participou no pacto de Lestrobe. Foi membro da comisión promotora do xornal Adelante que apareceu na Coruña en maio de 1930. Militante do Partido Radical Socialista, foi elixido concelleiro da Coruña en abril de 1931, foi destituído en outubro de 1934. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión e a súa causa foi sobresida.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Matilde Ínsua Sánchez en 1919.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 16-10-1919, p. 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ramón Lago Portela na páxina web Nomes e Voces.