Ramón Gutiérrez Izquierdo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Gutiérrez Izquierdo, nado en Ourense en 1956 é un tradutor e docente galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou Psicoloxía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu clases en diversos institutos ourensanos, e en 2011 era profesor da Escola Universitaria de Ourense, dependente da Universidade de Vigo.
Ten publicado artigos referidos á literatura galega en revistas como A Trabe de Ouro ou o Boletín Galego de Literatura.
Obras[editar | editar a fonte]
Traducións[editar | editar a fonte]
- Sonetos de Shakespeare (Xerais, 2011).
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Lois Tobío Fernández ao libro traducido do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Sonetos de Shakespeare.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á tradución no 2012, por Sonetos de Shakespeare.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine.