Rally Mariña Lucense de 2019
Rally Mariña Lucense de 2019 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | Mariña lucense |
Organizador | Mix Rallye Sports |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 9 |
Distancia tramos | 93,45 km |
Gañadores | |
Piloto campión | Iago Caamaño |
Equipo campión | Lalín Deza |
Participantes | |
Pilotos | 69 |
Seguinte | Rally Mariña Lucense de 2020 |
O Rally Mariña Lucense de 2019 foi a primeira edición de dito rally e a oitava e última proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de novembro de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.
Itinerario[editar | editar a fonte]
Celebrouse na parte occidental da Mariña Lucense, estando situado o parque pechado en Viveiro.[1] Os nove treitos cronometrados disputáronse nos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo, sumando un total de 93,45 km.[2]
Inscritos[editar | editar a fonte]
Inscribíronse 72 equipos,[3] dos que finalmente tomaron a saída 69.[4] Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, os principais candidatos a vencer o rally eran Alberto Meira e Iago Caamaño, segundo e terceiro respectivamente no campionato. Iago Caamaño inscribiuse cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, en vez de co seu Ford Fiesta R5 co que competira toda a tempada.[5]
Resumo[editar | editar a fonte]
Iago Caamaño comezou á fronte da xeral tras marcar o mellor tempo no primeiro treito, no Vicedo, pero perdeu a posición rapidamente a favor de Alberto Meira que se fixo co mellor tempo nos tres treitos seguintes.[6] Con todo, no quinto treito, correspondente á segunda pasada por Cervo, foi Caamaño o máis rápido, ao igual que en todos os restantes treitos do rally, polo que foi el o piloto que estreou o palmarés do rally lucense. Segundo finalizou Meira e en terceira posición Óscar Veiga, que aproveitou o abandono de Adrián Díaz.[7][8]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Lista de inscritos Mariña Lucense" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Autorizados a tomar a saída, Mariña Lucense" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
- ↑ "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense"
|url=
incorrecto (Axuda). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clasificación completa do rally Arquivado 28 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Rally Mariña Lucense 2019 en ewrc.com (en inglés).
Predecesor: Rally San Froilán |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 2019 |
Sucesor: - |