Rafael Martín Vázquez
Rafael Martín Vázquez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rafael Martín Vázquez | ||
Nacemento | 25 de setembro de 1965 (58 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 180 centímetros | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Escolapios | |||
1980–1983 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983 | Castilla | 14 | (3) |
1983–1990 | Real Madrid | 179 | (35) |
1990–1992 | Torino | 52 | (2) |
1992 | Marseille | 7 | (1) |
1992–1995 | Real Madrid | 73 | (7) |
1995–1997 | Deportivo da Coruña | 17 | (2) |
1997–1998 | Celaya | 10 | (0) |
1998 | Karlsruher | 5 | (0) |
Selección nacional | |||
1983–1984 | España sub-18 | 10 | (2) |
1984–1988 | España sub-21 | 15 | (1) |
1987 | España sub-23 | 2 | (1) |
1984 | España afeccionado | 1 | (0) |
1987–1992 | España | 38 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Rafael Martín Vázquez, nado en Madrid o 25 de setembro de 1965, e un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pertenceu, xunto con Emilio Butragueño, Manuel Sanchís Hontiyuelo, Miguel González "Míchel" e Miguel Pardeza, á xeración de xogadores madridistas procedentes da canteira do "Castilla" popularmente coñecida como Quinta del Buitre e, aínda que non foi o máis recoñecido de entre todos eles, si foi talvez o máis dotado tecnicamente.
Tras ser formado nas categorías inferiores do Real Madrid e ser escollido mellor xogador do Mundial Xuvenil de 1981 debutou en partido oficial con 17 anos nun Murcia-Real Madrid. Co Real Madrid gañou seis trofeos de Liga e dúas Copas da UEFA.
A técnica individual de Rafael Martín Vázquez fixo del un dos mellores centrocampistas ofensivos do mundo no seu momento, aínda que o seu carácter reservado, o seu xogo excesivamente cerebral e a súa escasa brega sobre o terreo de xogo convertérono nun dos chibos expiatorios da esixente, e con frecuencia inxusta, afección madridista. Logo de protagonizar a mellor tempada da súa carreira co Real Madrid, a 1989/90 ás ordes do adestrador galés John Benjamin Toshack, Rafael Martín Vázquez converteuse nun dos xogadores máis codiciados do momento pero Ramón Mendoza, entón presidente do Real Madrid, negouse a relizar unha renovación ao alza do xogador, polo que este terminou aceptando a oferta do Torino italiano, no cal, malia ser o estranxeiro mellor pago do Calcio, nunca chegou a mostrar o sobresaínte nivel de xogo alcanzado na súa primeira traxectoria madridista.
Tralo seu errado paso polo equipo turinés, a carreira futbolística de Martín Vázquez foise diluíndo nun longo peregrinar de equipo en equipo (incluíndo o regreso ao equipo madridista entre 1992 e 1995) e de lesión en lesión, ata a súa retirada definitiva do fútbol activo no ano 1998.
Coa selección española xogou un total de 38 partidos e disputou o Mundial de Italia´90.
Actualmente, Rafael Martín Vázquez forma parte do persoal técnico do Real Madrid e colabora con diferentes programas de radio como comentarista.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Martín Vázquez xogou 34 partidos coa selección española, incluíndo a Eurocopa 1988 e o Mundial de Fútbol Italia 1990. O seu debut produciuse o 23 de setembro de 1987, nun partido amigable contra Luxemburgo.
Goles internacionais[editar | editar a fonte]
# | Data | Lugar | Opoñente | Gol | Resultado | Competición |
---|---|---|---|---|---|---|
1. | 4 de setembro de 1991 | Carlos Tartiere, Oviedo, España | Uruguai | 1–0 | 2–1 | Amigable |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés)
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 06 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1965
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Atlético Celaya
- Xogadores do Karlsruher SC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España