Rafael Frade Peña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1914 Santiago de Compostela, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (22 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Unión Republicana (España 1934) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ricardo Frade |
Rafael Frade Peña, nado en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1914 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Ricardo Frade Giráldez. Estuda na Escola da Inmaculada, da que será o primeiro presidente da asociaciación de antigos alumunos en 1932.
Na Segunda República era estudante universitario, colaborou en Ser,[1] e militou en Unión Republicana, sendo nomeado Secretario Xeral en Santiago[2] o 9 de xullo de 1936 xunto a Manuel Rey Busto como presidente [3] Participou no aniversario da república o 14 de abril de 1934[4] Participou co Comité Pro Autonomía da zona de Santiago, en mitins no Barbanza e Arzúa.[5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Unión Republicana. Foi detido e xulgado en consello de guerra. Foi defendido polos avogados José Reino Caamaño, Cándido Gracía [6][7][8] e Manuel María González López, pero foi condenado a pena de morte. Foi executado [9][10] no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.[11]
Consello de guerra[editar | editar a fonte]
Nome | Partido | Ocupación | Resultado do consello de guerra |
---|---|---|---|
Fernando Domínguez Caamaño | IR | Empregado | Xulgado en Compostela por traizón e condenado a pena de morte. Executado en Compostela. |
José Germán Fernández | IR | Tenente de alcalde/alcalde | " |
Rafael Frade Peña | Unión Republicana | Estudante | " |
José Maroño Calvo | X.X.S.S. | Tipógrafo | " |
Manuel Maroño Calvo | CNT | Tipógrafo | " |
Luís Martínez Nouche | Partido Federal | Inspector Xefe de Arbítrios | " |
Rafael Pardo Carmona | IR | Mestre | " |
Modesto Pasín Noya | CNT/PCE | Empregado | " |
Francisco Ponte Ces | CNT | Zapateiro | " |
Luis Rastrollo González | POUM | Estudante de medicina | " |
José Eduardo Carnero Valenzuela | Partido Federal de Izquierda Gallega | Farmacéutico | Sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua e separado do seu cargo de profesor |
Marcial Pérez Martinez | Perruqueiro | Sentenza a cadea perpetua | |
Juan Jesús Lema Lema | Practicante | Sentenza a cadea perpetua |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "SER. Semanario Gallego de Izquierdas. Nº 15, 7 de xullo de 1935.". areal.gal.
- ↑ "El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XL Número 16502 - 1936 xullo 10".
- ↑ "Manuel Rey Busto - Nomes e Voces".
- ↑ "El Eco de Santiago". 16 xaneiro 1934.
- ↑ Turismo, Xunta de Galicia Consellería de Cultura e; Turismo, Xunta de Galicia Consejería de Cultura y; Tourism, Xunta de Galicia Council of Culture and (2011-06-06). "Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia". biblioteca.galiciana.gal. Consultado o 2021-03-27.
- ↑ "El Compostelano : diario independiente: Ano XVII Número 4894 - 1936 novembro 19".
- ↑ "El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano L Número 15122 - 1936 novembro 20".
- ↑ "El Progreso : semanario independiente: Ano XXXIII Número 125508 - 1936 novembro 20".
- ↑ "El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XIII Número 4146 - 1936 decembro 4".
- ↑ "Lamela García, l., 1936, La “Cruzada” en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, Sada, Ediciós do Castro, 2005, pp. 178-179" (PDF).
- ↑ "DNSD-SECRETARIA,FICHERO,21,F0125389 - Ficha de Rafael Frade Peña". PARES. Consultado o 2021-03-27.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 274. ISBN 84-8485-186-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rafael Frade Peña na páxina web Nomes e Voces.