Primitivo Rodríguez Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1891 (133 anos) Pol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Jesús Primitivo Benedicto Rodríguez Otero, nado en Mosteiro (Pol) o 31 de marzo de 1891, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi fundador da Sociedade Agraria Trabajadores de la Tierra, vinculada á UGT e integrante do Comité Socialista de Mosteiro. Foi nomeado concelleiro de Pol o 12 de marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pero logrou escapar. Estivo fuxido polos montes da parroquia de Luaces con Manuel Castro Tellado e Manuel Rivas, pero foi detido o 25 de maio de 1937 e xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concedéronlle a prisión atenuada o 23 de agosto de 1940.
Estaba casado con Silvina Castro Tellado, irmá do guerrilleiro Manuel Castro Tellado.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Botana Iglesias, Rocío (2012). Fundación Luís Tilve, ed. O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela. pp. 368–369. ISBN 978-84-95773-26-5.