Primi Nécega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1930 (93 anos) Foz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Primitiva Nécega Gallo, nada en Foz o 11 de setembro de 1930, é unha escritora galega coñecida como Primi Nécega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desenvolveu o seu labor dende os dezasete anos en Ribadeo.[1] Ten publicado en diversos medios, nos primeiros tempos, facendo uso de diversos pseudónimos, uns para obras en castelán, e outros para obras en galego. A súa obra ten unha certa descontinuidade no tempo, debido ás vicisitudes persoais da autora.
Escritora que abrangue diversos campos, a súa meirande produción é como contista, con contos relacionados gran parte das veces coa súa propia historia, e cando non, con historias populares, por exemplo, referidas ó Nadal.
Antes de deixarse de editar, publicou en Las Riberas del Eo, pasando logo a ser colaboradora habitual en La Comarca del Eo, onde ten publicado multitude de historias, moitas delas en xeito de conto. En xeral, aínda que a súa obra é de raizame galega, publica en castelán.
Foi pregoeira na Xira de Santa Cruz (2001)[2] e no Entroido de Ribadeo (2004), entre outros actos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Despertar, libro de poesías en castelán (1997, 1ª edición[3]; 2000, 2ª edición[4]).
- El Govi (conto)[5].
- Cuentos y relatos (2012)[6].
- A romaría de Santa Cruz (colaboración, vídeo)[7]
Premios[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Primi". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Pregón de 1999 Primi Nécega Gallo". www.amigosdagaita.org. Consultado o 2020-08-08.
- ↑ Nécega, Primi. (1997). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. Ribadeo: P. Nécega. ISBN 84-605-6575-0. OCLC 432552683.
- ↑ Nécega, Primi. ([2000]). Despertar. Prólogo de Antonio Gregorio. [Lugo?]: XESDO. ISBN 84-607-1077-7. OCLC 433831568.
- ↑ "El govi, de Primi Nécega". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Cuentos y relatos de Primi". Arquivado dende o orixinal o 06/09/2017. Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Romaría de Santa Cruz". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Primi Nécega e o Premio Iniciativas 21". Consultado o 6/9/2017.
- ↑ "Memoria de Muller". Consultado o 6/9/2017.