Praia de Berria
Praia de Berria | |
---|---|
Coordenadas: 43°27′52″N 3°27′48″O / 43.46431944, -3.46326944 |
A praia de Berria é un areal situado no concello de Santoña, en Cantabria, á beira do mar Cantábrico.
A praia atópase no istmo que une a península que forma o monte Buciero (de Santoña) co municipio de Argoños. Os seus 2.200 metros de lonxitude esténdense entre o monte Brusco (no oeste), e o macizo do Buciero (no leste). Polo norte atópase co mar Cantábrico e polo sur coas marismas de Santoña.
Presenta area branca e fina, cunha pequena pendente, e está condecorada coa Bandeira Azul.
Pódese acceder a ela a través da estrada CA-907 tanto dende Santoña como dende Argoños.