Posprodución
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/91/Linear_suite.jpg/250px-Linear_suite.jpg)
A posprodución é a manipulación de material audiovisual dixital ou analóxico usado para cine, publicidade, programas de televisión, radio... Co desenvolvemento da informática, unha das súas maiores utilidades tornouse producir efectos dixitais, mais a edición e montaxe (non linear) dun material xa gravado e rexistrado segue sendo o seu máximo cometido.
Así pois, na posprodución dáse propiamente a montaxe, así como a inclusión de subtitulado, voz en off, efectos especiais... Tamén está dentro deste concepto a dobraxe.
Distínguense dúas pólas de posprodución: a de vídeo e a de son.
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|