Perfecto Requeijo Rouco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 (103/104 anos) Romariz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Perfecto Requeijo Rouco, coñecido como Tarrelo, nado en Romariz (Abadín) en 1920, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrante retornado de América. Foi detido pola Garda Civil de Mondoñedo con Francisco Requeijo Anello en outubro de 1942, acusados dun roubo a Pedro Prieto Vidal de Romariz.[1] Foron xulgados en Lugo o 14 de abril de 1943.[2] Comandou un pequeno grupo guerrilleiro independente na zona de Mondoñedo e Villalba. Compañeiro de Luís Trigo Chao "O Guardarríos" nalgunhas accións. Logo incorporouse ao grupo guerrilleiro liderado por Roberto Alonso Díaz, do que foi o seu número dous. Foi detido en Vilalba a finais de 1946.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 115. ISBN 84-8485-231-8.