Percival e outras historias
Percival e outras historias | |
---|---|
Autor/a | Xosé Luís Méndez Ferrín |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Colección Illa Nova |
Xénero(s) | Relatos |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1958 |
Seguido por | O crepúsculo e as formigas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Percival e outras historias é un libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1958 por Editorial Galaxia. Está adicado a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, e a primeira edición inclúe un prólogo de Francisco Fernández del Riego.
O libro inclúe catorce relatos: "Percival", "A cancela", "Os ollos de Kelma", "O asesino", "Nhadron", "Lorelai", "O verdugo", "Grieih", "O crime do chalet vermello", "Mantis religiosa", "O templo", "Philoctetes", "Triafo e o vento" e "O dique de area".
Edición[editar | editar a fonte]
O libro foi publicado por vez primeira na colección Illa Nova de Editorial Galaxia, en febreiro de 1958. En 2013 foi reeditado por Edicións Xerais de Galicia[1].
Traducións[editar | editar a fonte]
- Ao éuscaro por Andrés Urrutia Badiola co título de Percival publicado en 1989 por Hegats[2].
- Ao inglés por Benigno Fernández Salgado, John Rutherford e Xelís de Toro co título de Them and other stories publicado en 1996 por Planet Books[3].
- Ao castelán por Moncha Fuentes Arias e Víctor Fernández Freixanes co título de Percival en su bosque publicado en 1997 por Alianza Editorial, Col. Minibolsillo[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha do libro na web de Xerais.
- ↑ Ficha Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 21 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |