Pedro López Rodríguez
Pedro López | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pedro López Rodríguez | ||
Nacemento | 21 de xaneiro de 1997 (27 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lugo | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Unionistas | ||
Carreira xuvenil | |||
Lugo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2019 | Lugo B | 88 | (3) |
2017– | Lugo | 1 | (0) |
2019– | → Unionistas (c.) | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 10 de setembro de 2019[ editar datos en Wikidata ] | |||
Pedro López Rodríguez, nado en Lugo o 21 de xaneiro de 1997, é un futbolista profesional galego, da canteira do Club Deportivo Lugo, que actualmente xoga de defensa central no Unionistas de Salamanca cedido polo club lucense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Lugo, Pedro López comazou xogando ao fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo e ao fútbol no Club Deportivo Lugo até a categoría alevín.[1] Por mor de incompatibilidades, finalmente tense que decantar por seguir nun dos dous equipos, escollendo ao de fútbol baixo o consello do adestrador Antonio Gómez. Pouco a pouco, e sendo un dos líderes do vestiario na canteira lucense, consegue debutar no ano 2016 co Club Deportivo Lugo B de Preferente Autonómica. O seu primeiro partido co filial albivermello sería ante o Xallas, onde o seu equipo consegue vencer por 2−0 no Campo do Ceao.[2] Tras xogar 33 encontros co filial, na temporada 2017−18 fai a pretemporada co primeiro equipo, debutando en Segunda División o 21 de agosto de 2017 na primeira xornada de liga contra o Reus Deportiu no Anxo Carro, partido que finalizou con empate sen goles.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pedro López, o neno maduro que nunca se puña nervioso". El Progreso. 23-08-2017.
- ↑ "El Polvorín presenta su candidatura al ascenso ante el Xallas". Diario Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017.