Pazo das Torres do Comareiro
Pazo das Torres do Comareiro | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°03′45″N 8°59′03″O / 43.062416666667, -8.98425Coordenadas: 43°03′45″N 8°59′03″O / 43.062416666667, -8.98425 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | século XVI |
Estilo actual | século XVIII |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo das Torres do Comareiro é un conxunto palaciano da parroquia de Serramo, Vimianzo.
Descrición[editar | editar a fonte]
Construído no século XVI, na actualidade non conserva o seu elemento máis característico: as súas torres. O abandono deixouno nunha completa ruína e así hoxe é un edificio de planta rectangular alongada dividido entre distintos propietarios que o reconstruíron cadansúa parte con distintos criterios.
Distínguense dúas partes ben diferenciadas polo tipo de materiais de construción: a primeira de perpiaños de granito de cantería e outra con cachotería de granito. A cuberta por un lado é tellado, pois ten tella, pero polo outro está cuberto de fibrocemento. Malia isto, aínda conserva elementos propios da arquitectura palaciana: cornixas molduradas, unha fiestra en arco de medio punto e unha porta -no lado leste- rematada en arco de medio punto de grandes doelas.
Tamén conserva unha sinxela cheminea de cantería sen elementos decorativos. Na recuperación do lugar atopouse o escudo de armas onde se representan lobos e unha árbore sobre unha ponte de tres arcos.
Historia[editar | editar a fonte]
O fundador do vínculo de Comareiro (1580) foi Gonzalo de Pazos e Señoráns. Logo sucedeuno Gómez de Rioboo Vilardefrancos, capitán e meiriño dos condes de Altamira en Vimianzo. Os seus descendentes tiveron relación coa casa de Trasariz e co pazo de Xora.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Espazo Oficial de Turismo do Concello de Vimianzo, Terra de Soneira, Costa da Morte.". www.vimianzo.es. Consultado o 2017-04-19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pazo das Torres do Comareiro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo