Patxi López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Javier López Álvarez 4 de outubro de 1959 (64 anos) Barakaldo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Presidente do Congreso dos Deputados | |
13 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 ← Jesús Posada – Ana Pastor Julián → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
11 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 19 de setembro de 2014 – Rosa Fresno → Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
6º Lehendakari | |
7 de maio de 2009 – 13 de decembro de 2012 ← Juan José Ibarretxe – Iñigo Urkullu → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de abril de 2009 – 28 de agosto de 2012 Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
16 de maio de 2005 – 6 de xaneiro de 2009 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Secretario Xeral Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra | |
23 de marzo de 2002 – 20 de setembro de 2014 ← Nicolás Redondo Terreros – Idoia Mendia → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
15 de marzo de 1991 – 30 de agosto de 1994 ← José Andrés Paul Tejedor Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
15 de marzo de 1991 – 19 de setembro de 2014 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
26 de outubro de 1987 – 2 de setembro de 1989 ← José Antonio Saracíbar Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade do País Vasco |
Altura | 175 cm |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Q125475272 |
Pai | Eduardo López Albizu |
Páxina web | patxilopez.com |
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia obreira e dende neno aleitou as ideas socialistas: o seu pai era o histórico dirixente do socialismo vasco Eduardo López Albizu "Lalo". Ingresou nas Mocidades Socialistas de Euskadi en 1975, sendo elixido Secretario Xeral en 1985, cargo que ocupa ata 1988. Ingresou no Partido Socialista de Euskadi en 1977, entrando a formar parte da súa Comisión Executiva en 1988. Foi elixido en 1986 Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados sendo un dos electos máis novos de España ata 1990. Asumiu a Secretaría de Organización do PSE en 1991, cargo do que dimite en 1995 para asumir a Secretaría Institucional dos Socialistas Biscaíños ata 1997. En outubro dese mesmo ano é elixido Secretario Xeral do PSE-EE de Biscaia, sendo reelixido en decembro de 2000.
Foi elixido Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra PSE-EE o 23 de marzo de 2002. É membro do Comité Federal do PSOE e Deputado no Parlamento Vasco dende 1991, onde actualmente é o Presidente do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos - Euskal Sozialistak".
En outubro de 2007, xunto ao Presidente do Goberno Vasco, Juan José Ibarretxe, e ao dirixente socialista Rodolfo Ares, foille aberto xuízo oral polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, en contra da opinión do Ministerio Fiscal, acusado dun delito de desobediencia en virtude do establecido no artigo 556 do Código Penal, ao terse reunido o 6 de xullo de 2006, durante a tregua de ETA, coa organización ilegal Batasuna.
Lehendakari[editar | editar a fonte]
Nas eleccións ó Parlamento Vasco, celebradas o 1 de marzo de 2009, o Partido Socialista de Euskadi obtivo 25 escanos, sendo o segundo partido en votos e en escanos, por detrás do Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (30 escanos). O 26 de marzo de 2009, en contra do prometido en campaña electoral, o PSE-EE chegou a un acordo de investidura co Partido Popular, a terceira forza nas eleccións (que obtivera 13 parlamentarios). Entre ambos partidos sumaban 38 dos 75 escanos da cámara. Hai que ter en conta que a maioría formada por PSE-EE e PP non podería ter alcanzado maioría abondo para gobernar se a Esquerda Abertzale non tivera sido ilegalizada, xa que contabilizando o voto nulo PSE-EE e PP houberan quedado con 33 escanos. O pacto incluía a cesión da presidencia do Parlamento Vasco ó PP. O 5 de maio, Patxi López foi investido lehendakari,[1] co voto de PSE-EE, PP e UPyD, e o 7 de maio prometeu o cargo baixo o carballo de Gernika, utilizando unha fórmula distinta da que utilizaran os lehendakaris ata entón e que recitou tanto en castelán coma en éuscaro:
De pé en terra vasca, baixo a Árbore de Gernika, ante vós, representantes da cidadanía vasca, en recordo dos antepasados, prometo desde o respecto á Ley desempeñar fielmente o meu cargo de lehendakari.
En 2010 se deuse a coñecer que a organización terrorista ETA planeou o seu asasinato cun rifle de francotirador para forzar unha negociación co Goberno de España. Esa mesma organización desmentiu máis tarde eses plans, acusando ademais o goberno de mentir de maneira intencionada.[2]
O 13 de decembro de 2012, e tras volver a gañar o PNV as eleccións autonómicas, foi substituído na lehendakaritza por Iñigo Urkullu.
Predecesor: Juan José Ibarretxe |
Lehendakari 2009 - 2012 |
Sucesor: Iñigo Urkullu |
Predecesor: Nicolás Redondo Terreros |
Secretario Xeral do PSE-EE-PSOE 2002 - 2014 |
Sucesor: Idoia Mendia |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Norte de Castilla (5 de maio de 2009). "Patxi López es elegido primer lehendakari no nacionalista e Ibarretxe anuncia su retirada política". Consultado o 5 de maio de 2009.
- ↑ ETA desmiente el intento de atentado contra Patxi López y Rodolfo Ares, ABC, 18 de abril de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galicitas posúe citas sobre: Patxi López |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lehendakaris
- Nados en 1959
- Nados en Portugalete
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Políticos do PSOE
- Políticos do Partido Socialista de Euskadi
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)