Pastor Maseda Vázquez de Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1843 Lugo, España |
Morte | 30 de agosto de 1919 (76 anos) Ribas Pequenas, España |
Alcalde de Begonte | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Familia | |
Fillos | Manuel Maseda Cadórniga, Julio Maseda Cadórniga |
Pastor Maseda Vázquez de Parga, nado en Lugo o 27 de agosto de 1843 e finado en Ribas Pequenas (Bóveda) o 30 de agosto de 1919,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José María Maseda Quiroga y Díez de Robles e Manuela Vázquez de Parga Somoza y Pallares. Cursou estudos en Santiago de Compostela e Salamanca. Amigo persoal, parente e compadre de Benigno Quiroga Ballesteros. Foi alcalde de Begonte. Despois foi deputado provincial polo distrito de Bóveda-Saviñao de 1882 a 1917, vicepresidente da Deputación de Lugo en varias ocasións e presidente do 3 de xaneiro de 1891 a 1899. Repetiu como presidente de 1900 a 1901. Foi presidente da Feira Rexional de Exposicións celebrada en Lugo en 1896. Secundou ao seu tio Manuel Vázquez de Parga como xefe dos conservadores da provincia de Lugo.
Predecesor: ? |
Alcalde de Begonte ? |
Sucesor: ? |
Predecesor: Juan Paradela Sánchez |
Presidente da Deputación de Lugo 1891 - 1899 |
Sucesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Presidente da Deputación de Lugo 1900 - 1901 |
Sucesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Gran Cruz de Isabel a Católica.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Jacoba Cadórniga Saco e foi pai de Ramón, Concepción, Jesús, Jaime, Manuela, Francisco, Antonio, Ermitas, Manuel, María de la Paz, Julio e Carmen Maseda Cardóniga.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Norte de Galicia, 1-9-1919, p. 2.