Parque acuático de Cerceda
Coordenadas: 43°10′42″N 8°28′10″O / 43.178299, -8.469558
Páxina Web | aquapark.cerceda.org |
O parque acuático de Cerceda (Aquapark de Cerceda) é un parque acuático no concello de Cerceda (A Coruña). Trátase do único parque acuático de Galiza e a súa tempada de apertura vai dende principios de xuño até comezos de setembro.
Pódese acceder por estrada ou ferrocarril cunha conexión diaria tanto para a ida como para a volta dende A Coruña e desde Santiago de Compostela.
Foi inaugurado no ano 2000 polo alcalde Xosé García Liñares, o cal fora tamén o que aceptara o proxecto de construción.[1]
Instalacións[editar | editar a fonte]
O parque acuático conta con diversas piscinas: piscina de natación, piscinas con chorros e piscina con ondas, jacuzzi. Tamén conta con varios escorregadoiros xigantes: acuatubo pechado e acuatubo aberto, escorregadoiro tipo kamikaze de 54 metros de percorrido, esvaradoiro de flotador individual, esvaradoiro con flotador por parellas e esvaradoiro multipistas.
O parque inclúe zonas infantís con escorregadoiros de curto percorrido, piscina sinxela e outra de esvaradoiros para cativos. Ademais ten unha cafetaría, unha tenda, un punto de información, parque infantil de area, minigolf e miradoiro.
Festivais[editar | editar a fonte]
O primeiro e dous de xullo de 2011 celebrouse no parque o festival Fresh Weekend de música electrónica, coas actuacións de Óscar Mulero e o italiano Marco Carola.[2]
Para o 2012 tíñase previsto celebrarse o 6 e 7 de xullo, pero finalmente foi cancelado.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O parque acuático de Cerceda desbórdase" Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 13 de agosto de 2009.
- ↑ "O Fresh Weekend sitúa Cerceda no mapamundi do «techno»", La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2011.
- ↑ "Cancelado o Fresh Weekend previsto para o 6 e 7 de xullo en Cerceda" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 5 de xuño de 2012.