Parque Nacional da Caldera de Taburiente
Coordenadas: 28°45′14″N 17°53′05″O / 28.75389, -17.88472
Caldera de Taburiente | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 6 de outubro de 1954 | ||
Superficie: | 4.690 ha | ||
Lexislación: | Decreto 06-10-1954 | ||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Santa Cruz de Tenerife | ||
Concellos: | |||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Parque Nacional da Caldera de Taburiente é un parque nacional de España, situado na illa de La Palma, nas Canarias. Como o resto do arquipélago é de natureza volcánica, pero distínguese pola gran cantidade de recursos hídricos que posúe, tanto subterráneos como superficiais.
Foi declarado Parque nacional o 6 de outubro de 1954, sendo a segunda área protexida das Canarias en recibir esta designación, tras o Parque Nacional do Teide en Tenerife e a cuarta de España. Ademais é, desde 2002, Reserva Mundial da Biosfera conxuntamente con toda a illa. Actualmente abarca unha superficie de 46,9 km², que xunto á Zona Periférica de Protección comprende 59,56 km².
Sitúase no centro da illa coincidindo coa formación xeolóxica da Caldera de Taburiente, de 7 km de eixo máximo, e que é considerada a marabilla natural máis emblemática da illa. A depresión que forma a Caldera atópase entre os 600 e os 900 metros sobre o nivel do mar, mentres que a crestería que forma o cerco rochoso que a rodea alcanza os 2.426 metros no punto máis alto, o chamado Roque de los Muchachos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional da Caldera de Taburiente |