Pagai do Sur
Pagai do Sur | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas Mentawai |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 3°02′00″S 100°21′00″L / -3.03333, -100.35000Coordenadas: 3°02′00″S 100°21′00″L / -3.03333, -100.35000 |
Xeografía | |
Superficie | 900 km² |
Longura máxima | 55 km. |
Largura máxima | 20 km. |
Punto máis alto | 302 m. Muntai Gunung |
Pagai do Sur (Pagai Selatan) é unha das illas Mentawai,[1] a 130 quilómetros da costa occidental de Sumatra en Indonesia. Está ao sur da illa Pagai do Norte (ou Pagai Utara). Ten uns 55 km de longo e 20 km de largo. O punto máis alto no medio duns outeiros, na súa maioría cubertos de bosques virxes é de 302 metros de altura e é coñecido como 'Muntai Gunung'. Na illa producíronse varios terremotos de consideración como en 1797 e 1833. O terremoto de setembro de 2007 de Sumatra produciuse preto de aquí, causando unha elevación costeira, a ampliación das illas próximas e creando ata 6 novas. En conxunto Pagai do Norte e do Sur tiñan en conxunto unha poboación de 20.974 habitantes no ano 2000.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pagai do Sur |