Najla Mangoush
Nome orixinal | (ar) نجلاء المنقوش |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de xuño de 1973 (50 anos) Londres, Reino Unido |
Foreign Minister of Libya (en) | |
15 de marzo de 2021 – 27 de agosto de 2023 ← Abdul-Hadi Al-Hawaij (en) Gabinete ministerial: Governo de Unidade Nacional (Líbia) (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Libia Reino Unido |
Educación | Universidade Menonita Oriental (pt) University of Benghazi (en) Universidade George Mason (pt) |
Actividade | |
Ocupación | política , avogada |
Partido político | político independente |
Lingua | Árabe e lingua inglesa |
Premios
| |
Najla Mangoush ou Najla El Mangoush, nada en Trípoli ou Bengasi, é unha avogada e política libia, especializada en mediación en conflitos e transicións e procesos de paz. Desde o 16 de marzo de 2021 é Ministra de Asuntos Exteriores de Libia no Goberno de Unidade Nacional de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller na historia de Libia en asumir o posto e a cuarta no mundo árabe.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Algunhas fontes consideran que a súa cidade natal é Trípoli aínda que se criou en Bengazi e outras sinalan que naceu e criouse en Bengazi.[2][3] Avogada de formación graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Bengazi en 1995 onde anos máis tarde realizou unha mestría en Dereito Penal (2007-2009) e onde tamén foi profesora.[4]
Durante a revolución de 2011 foi membro do Consello Nacional de Transición de Libia, responsable de coordinar as cidades libias que se opuñan ao réxime de Muamar al Gadafi.[2] Actuou como xefa da Unidade de Participación Pública, unha organización da sociedade civil que contribuíu a articular as voces independentes e formar aos responsables políticos desde un enfoque colaborativo non violento cara á paz.[5]
Logrou unha bolsa Fulbright e graduouse no Centro para a Xustiza e a Construción da Paz da Universidade Eastern Mennonite, en Harrisonburg (2013-2015). e realizou unha mestría en transformación de conflitos na Universidade Eastern Ilinois, antes de continuar o seu doutoramento na Escola de Análise e Resolución de Conflitos, con especialización en transicións de guerra a paz e procesos de paz na Universidade George Mason en Virginia.[5][6][2]
Como experta en resolución de conflitos foi representante en Libia do Instituto para o United States Institute of Peace e tamén traballou como Oficial de Programas para a Construción da Paz e o Dereito Tradicional no Center for World Religions, Diplomacy and Conflict Resolution (CRDC) na Universidade George Mason.[7]
Desenvolveu a súa carreira como investigadora independente en cuestións acerca da transición á paz en tempos de guerra, mediación en conflitos, negociación política, dereito internacional e Xustiza transicional.[5]
É membro de diferentes organizacións da sociedade civil, entre elas Mulleres Libias para a Paz (LWPP).
Ministra de Asuntos Exteriores de Libia[editar | editar a fonte]
O 16 de marzo de 2021 asumiu o posto de Ministra de Asuntos Exteriores no Goberno de Unión Nacional de transición de Abdul Hamid Dbeibé sendo a primeira muller en asumir este posto en Libia e a cuarta ministra de exteriores na historia do mundo árabe. O seu predecesor oficial foi Mohamed Taher Siala no cargo desde 2016 no goberno de Fayez Al-Sarrah recoñecido por Nacións Unidas.[1][8] Tamén actuaba como Ministro de Asuntos Exteriores no goberno en rebelión de Tobruk liderado por Abdulah al Zani no Leste de Libia Mohammed Al-Dairi[9][10]
O 6 de novembro de 2021, o Consello da Presidencia suspendeu a Mangouch por levar a cabo unha política exterior sen coordinación co Consello. Tamén se lle prohibiu viaxar.[10]
O 27 de agosto de 2023, tras a transmisión da reunión entre Najla Mangoush e o ministro israelí Eli Cohen, foi suspendida e abriuse unha investigación contra ela.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Libya’s first female Foreign Minister Najla Mangoush takes over her duties" (en inglés). Consultado o 2021-03-22.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "5 women hold ministerial portfolios in the new Libyan government – Politics – Weekly Supplements – Beyond politics | EN24 News" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-22.
- ↑ "Gouvernement libyen : 35 ministres dont 5 femmes (Encadré)". Consultado o 2021-03-22.
- ↑ "Najla Mangoush – Libya’s first female Foreign Minister" (en inglés). Consultado o 2021-03-22.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "La activista por la paz Najla al Mangoush será la primera mujer en dirigir el Ministerio de Asuntos Exteriores en Libia". Consultado o 2021-03-20.
- ↑ "Interview with Najla Mangoush" (en inglés). 2017-01-31. Consultado o 2021-03-20.
- ↑ "Najla El Mangoush" (en inglés). Consultado o 2021-03-22.
- ↑ "PC announces 18 members unity government | Libya Prospect" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 2021-03-22.
- ↑ "East Libya foreign minister resigns over Al-Thani interference | The Libya Observer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-22.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "El Gobierno de Libia dimite en bloque tras la oleada de protestas" (en castelán). 2020-09-14. Consultado o 2021-03-22. Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; o nome ":3" está definido varias veces con contidos diferentes
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Najla Mangoush |