Mulero
Mulero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alfonso Santos | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 10 de xullo de 1961 | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Célebre | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Fabril | |||
1922–1927 | Deportivo da Coruña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alfonso Santos Rodríguez, coñecido como Mulero, nado na Coruña c. 1900 e finado o 10 de xullo de 1961, foi un futbolista galego, que xogaba como porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou coas mulas que arrastraban os tranvías da Coruña, motivo polo que recibiu o alcume de Mulero.[1] Comezou xogando ao fútbol como dianteiro no Célebre FC do Camiño Novo e logo pasou ao Fabril. Alí ocupou un día a portería, debido á ausencia do gardameta do equipo, e dende entón xogou xa sempre como gardameta.[2] En 1922 fichou polo Deportivo da Coruña, co que xogou durante os seguintes anos no Campionato de Galicia, proclamándose campión na tempada 1926/27, aínda que nos últimos anos perdeu a titularidade en favor de Isidro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falleció Mulero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1961. p. 5.
- ↑ "Hablando con Alfonso Santos". Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1924. p. 3. Consultado o 10 de xullo de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).