Mireia Belmonte
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en novembro de 2018. |
Mireia Belmonte García, nada en Badalona (provincia de Barcelona) o 10 de novembro de 1990, é unha nadadora catalá[1], campioa mundial, europea e dobre subcampioa olímpica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a nadar aos 4 anos por recomendación médica para corrixir a súa escoliose. Posteriormente, recibiu unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès, pasou por diversos clubs e competiu en campionatos europeos e mundiais, conseguindo a vitoria en varios deles.
Participou en dous Xogos Olímpicos, nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, con 17 anos de idade, e nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde conseguiu dúas medallas de prata, en 200 metros bolboreta[2] e 800 metros libre[3], rebaixando o récord de España desta última modalidade en catro décimas. Dende xaneiro de 2013 compite no Club Natación UCAM Fuensanta de Murcia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha na páxina web do Comité Olímpico Español (en castelán).
- ↑ Resultados da final de 200 metros bolboreta femininos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
- ↑ Resultados oficiais da final dos 800 metros libres femininos Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
- Nadadores olímpicos de España
- Medallistas olímpicos en natación
- Deportistas de Cataluña
- Nados en Badalona
- Nados en 1990
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Medallistas olímpicos de bronce por España
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos de ouro por España
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2008
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2012
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2016
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2020