Mike Byrne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMike Byrne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBeaverton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 2d5591b9-e2fa-4820-bba6-ea2055e0630e Songkick: 4579048 Discogs: 1752020 Editar o valor em Wikidata

Mike Byrne, nado en Portland (Oregón) o 6 de febreiro de 1990, é un batería estadounidense, exmembro de The Smashing Pumpkins.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Byrne medrou en Beaverton, un suburbio de Portland, cos seus pais Eric e Chris Byrne. Comezou a tocar a batería con regularidade aos 12 anos e posteriormente tocou nas bandas locais The Mercury Tree and Moses e Smell the Roses. Durante o seu paso polo instituto Beaverton High School, no cal se graduou no 2008, traballou nun McDonald's para gañar cartos para a universidade.

Cando o líder da banda Billy Corgan anunciou audicións para a substitución de Jimmy Chamberlin, Byrne, un estudante de primeiro ano da Berklee College of Music, foi elixido entre miles de solicitantes. El tocou a batería na banda tributo a Sky Saxon chamada Spirits in the Sky en seis concertos en agosto do 2009 xunto con Corgan, Kerry Brown, Kevin Dippold, Mark Tulin, Linda Strawberry, Ysanne Spevack, Mark Weitz e Dave Navarro, e tamén tocou a batería no novo traballo de The Smashing Pumpkins, Teargarden by Kaleidyscope. O 17 de agosto do 2009 foi anunciado oficialmente coma novo batería de The Smashing Pumpkins. Os Pumpkins eran xa unha das súas bandas favoritas, estando Jimmy Chamberlin entre as súas principais influencias. A súa canle de YouTube, que creou tres anos antes de unirse á banda, bautizouna como "MarquisinSpadez", unha referencia ao tema "Marquis in Spades", do EP de The Smashing Pumpkins Zero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]