Miguel I de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel I de Romanía

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ro) Mihai I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Foișor Castle (Reino de Romanía) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Aubonne, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Curtea de Argeș (pt) Traducir
Royal Cathedral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir
6 de setembro de 1940 – 30 de decembro de 1947 (Romanian coup d'état of December 30th, 1947 (en) Traducir)
← Carlos II da Romênia (pt) TraducirSupresión do cargo →
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir
20 de xullo de 1927 – 8 de xuño de 1930
← Fernando I de RomaníaCarlos II da Romênia (pt) Traducir →
Senador da Roménia (pt) Traducir
Head of the House of Romania (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAubonne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRomanía (1997–)
Suíza
Reino Unido
Reino de Romanía Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa e Cristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa, lingua inglesa, lingua grega, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militartenente de segunda (1937–)
Marshal of Romania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe (1921–)
Príncipe (1921–)
Grão-príncipe (pt) Traducir
Crown Prince of Romania (en) Traducir
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Hohenzollern-Sigmaringen (Romania) (en) Traducir e House of Hohenzollern-Sigmaringen-Roumania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAna de Bourbon-Parma (1948–2016), morte do cónxuxe
FillosMargareta da Romênia (pt) Traducir, Princesa Elena da Romênia (pt) Traducir, Princesa Irina da Romênia (pt) Traducir, Princess Sophie of Romania (en) Traducir, Princess Maria of Romania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos II da Romênia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Helena de Grecia Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarol Lambrino (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
10 de xuño de 1948Wedding of Michael I of Romania and Princess Anne of Bourbon-Parma (en) Traducir
23 de agosto de 1944Golpe de Estado na Romênia em 1944 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hohenzollern-Sigmaringen-6 Find a Grave: 185710591 Editar o valor em Wikidata

Miguel I de Romanía (Mihai I en romanés), nado en Sinaia o 25 de outubro de 1921 e finado en Aubonne (Suíza) o 5 de decembro de 2017, chamado Príncipe de Hohenzollern, foi un aristócrata romanés e rei e xefe de estado de Romanía en dúas ocasións da primeira metade do século XX. Reinou coma rei dos romaneses (en romanés Maiestatea Sa Mihai I Regele Românilor) do 20 de xullo de 1927 ao 8 de xuño de 1930, e outra vez do 6 de setembro de 1940 até o 30 de decembro de 1947 cando foi deposto; dende entón viviu no exilio ata que en 1997 se lle permitiu volver a Romanía.

Miguel I de Romanía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Miguel era fillo do príncipe herdeiro Carlos de Romanía (Carol ao României) e da Princesa Helena de Grecia, e neto do Rei Fernando I de Romanía (Ferdinand ao României), que reinaba para ese entón.

É tataraneto da raíña Vitoria I e primo en terceiro grado da raíña Isabel II, do Rei de España Xoán Carlos I, do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia, da raíña Margarida II de Dinamarca, e do rei Haroldo V de Noruega.

Primeiro período de reinado[editar | editar a fonte]

Cando Carlos foxe coa súa amante Helena Magdalena Lupescu (de ascendencia xudía, máis tarde esposa) é obrigado polo seu pai Fernando I de Romanía a renunciar ao trono do país en xaneiro de 1926 e as autoridades designan como herdeiro a Miguel.

Á morte do seu avó, o 27 de xullo de 1927 e con tan só 6 anos foi proclamado Rei de Romanía, aínda que á fronte do país quedaba un consello de rexencia que o seu avó proclamou no seu testamento póstumo encabezado polo seu tío, o príncipe Nicolao de Romanía e integrado ademais polo Patriarca Miron Cristea e Jorge Buzdugan, Presidente do Tribunal Supremo.

No seu curto primeiro período de reinado e baixo o goberno da rexencia, Romanía continuou experimentado un crecemento económico debido basicamente á exportación do petróleo e recibindo unha grande influencia cultural de Francia. Os efectos da gran crise económica mundial de 1929 tamén afectaron á crecente economía romanesa e a situación social desestabilizouse.

Regreso de Carlos II[editar | editar a fonte]

En 1930 o seu pai regresou repentinamente ao país na invitación de políticos descontentos coa rexencia, e aproveitando a situación de minoría de idade do seu fillo e a complicada situación política en Europa recuperou o trono o 8 de xuño de 1930 como Carlos II, designando a Miguel como o Príncipe herdeiro.

Nos dez anos que durou o reinado do seu pai (1930 - 1940), Miguel I, de novo príncipe, aproveitou para recibir unha educación adecuada á súa futura responsabilidade. No ámbito internacional Carlos II non puido evitar a caída de Romanía no área de influencia xermano italiana. Dise que como resultado do pacto xermano soviético Ribbentrop - Molotov, Romanía, segundo unha cláusula secreta que ninguén atopou aínda e que parece inventada polos occidentais, perdeu ante a URSS Besarabia (actual República de Moldavia) e Bucovina, que Rusia gañara na guerra contra Turquía e que lle foron arrebatados aproveitando o descontrol da Revolución. No ámbito interno a aparición da Garda de Ferro e a violencia que esta desencadeou entúrbeo a vida social e política romanesa ante a impotencia do rei Carlos II. Ante todo isto o rei abdicou no seu fillo o 5 de setembro de 1940 e fuxiu do país deixando a Miguel I á fronte da monarquía romanesa nun momento moi delicado. Miguel foi coroado rei o 6 de setembro de 1940.

Segundo período de reinado[editar | editar a fonte]

Con só 19 anos Miguel I accedía ao trono de novo, xusto nun dos momentos de máxima debilidade de Romanía. Este feito foi aproveitado por Hitler e Mussolini para obrigar aos romaneses a ceder o norte de Transilvania ao réxime pro-alemán de Hungría (30 de agosto de 1940).

Ante a necesidade de poñer á fronte do país un goberno forte que acabase coas desordes internas e evitase máis disgregacións territoriais, en setembro de 1940 Miguel I deu a dirección do goberno ao Xeneral Ion Antonescu. O goberno deste creu conveniente participar na segunda guerra mundial no bando da Alemaña de Hitler. Cedeuse o sur de Dobrudja a Bulgaria baixo a promesa de que se devolvería o norte de Transilvania.

Antonescu se erixiu como conducator e proclamou o "Estado lexionario". Romanía foi ocupada polo exército alemán en outubro de 1940. En xaneiro de 1941 o goberno Antonescu decretou a ilegalidade de todos os partidos políticos, mentres a Garda de Ferro eliminaba a numerosos políticos. En xuño de 1941 Romanía declaraba a guerra á URSS ocupando os territorios de Bucovina e Besarabia arrebatados polos soviéticos un ano antes, ademais de participar activamente na campaña do leste da segunda guerra mundial á beira do exército alemán.

Aínda que ao comezo os éxitos acompañaron aos exércitos romaneses que ocuparon Odesa e se anexionaron Transnistria. En 1942 os alemáns empezaron a ser derrotados na fronte do leste e a opinión pública romanesa e o propio Miguel I empezaron a ver a conveniencia de deixar o Eixo ante a derrota final deste.

Seguindo indicacións de Miguel I, o ministro de Asuntos Exteriores Mihail Antonescu iniciou contactos co Reino Unido e os Estados Unidos para asinar un armisticio cos aliados. Ante a caída da fronte do Leste e a ofensiva soviética, o 23 de agosto de 1944 Miguel I ordenou deter ao Goberno Antonescu e formou un goberno de concertación que pediu oficialmente o armisticio aos aliados ese mesmo día.[1] Ao día seguinte, Romanía retirouse do Pacto Tripartito.

Despois do bombardeo alemán de Bucarest, o goberno romanés declarou a guerra ao Eixo o 25 de agosto.[1] O 12 de setembro de 1944 asinou o armisticio de Moscova polo que Romanía renunciaba a Basarabia e o norte de Bucovina (que os recuperou a URSS), o sur de Dobrudja (cedida a Bulgaria), pero recuperaba o norte de Transilvania, ocupada por Hungría tralo Segundo arbitraxe de Viena.[1] Tamén se aceptou pagar en concepto de reparación de danos de guerra aos aliados a cantidade de 300 millóns de dólares.

Caída de Miguel I[editar | editar a fonte]

Coa guerra concluída e o país ocupado polas tropas soviéticas a posición de Miguel I debilitouse. Desde finais de 1944 ata marzo de 1945 formouse un goberno de coalición integrado polo Partido Comunista Romanés (PCR), o Partido Nacional Liberal (Partidul National Liberal - PNL), o Partido Campesiño Cristián Democrático (Partidul Taranesc Crestin si Democratic - PTCD) e o Partido Socialdemócrata (Partidul Socialdemócrata - PSD) cun marcado aire anti-ocupación soviética.

O 6 de marzo de 1945, Petru Groza, seguindo ordes da URSS, excluíu do goberno aos membros do PTCD e do PNL, deu aos comunistas diversos ministerios clave e promulgou a reforma agraria o 25 de marzo do mesmo ano. Ante todo isto Miguel I intentou en balde a intervención do Reino Unido e os Estados Unidos para evitar a caída de Romanía na órbita soviética.

Finalmente o goberno de Petru Groza amañou as eleccións xerais do 19 de marzo de 1946 que deron unha abafadora maioría á fronte Nacional Democrático que encadraba ao PCR e outros partidos minoritarios. Tralas eleccións e ante as denuncias de fraude electoral o PNL e o PTCD foron declarados ilegais (agosto de 1947) e a Asemblea Xeral, constituída na súa totalidade polos comunistas, obrigou ao rei Miguel I a abdicar e foi expulsado de Romanía e desposuído da cidadanía romanesa. Refuxiouse en Londres, ata que se trasladou a Suíza.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Casou o 10 de xuño de 1948 coa Princesa Ana de Borbón-Parma, con quen tivo cinco fillas:

Actualmente reside en Romanía, onde ten fixado o seu domicilio no Palacio Elisabeta, en Bucarest. En 1997 devolvéuselle a cidadanía romanés e as súas antigas posesións como o Castelo Peleş de Sinaia, dentro do proceso de reconciliación que propiciou o presidente Ion Iliescu (ex militante do PCR) no ano 2000. En Romanía mantén o padroado a diversas obras sociais de beneficencia.

Miguel de Romanía pronunciou o 25 de outubro de 2011 o seu primeiro discurso ante o Parlamento do seu país desde 1947, cando foi derrocado polo réxime que impuxo a Unión Soviética trala segunda guerra mundial.[2]

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Batowski, Henryk: "Diplomatic Events in East-Central Europe in 1944", East European Quarterly, 5:3 (1971)
  2. Miguel de Rumanía vuelve al Parlamento 64 años después en ABC.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Fernando I
Rei de Romanía
1927-1930
Sucesor:
Carlos II
Predecesor:
Carlos II
Rei de Romanía
19401947
Sucesor:
No cargo (como pretendente)