Mercedes F1 W03
Mercedes | |
---|---|
Información | |
País | Alemaña |
Fabricante | Mercedes |
Deseñador | |
Produción | |
Predecesor | Mercedes MGP W02 |
Sucesor | |
Longo | mm |
Largo | mm |
Alto | mm |
Peso | 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto) |
Chasis | Moonocaso de niño de abella en fibra de carbono e material composto |
Suspensión | |
Motor | Mercedes-Benz |
Potencia | |
Transmisión | |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[1] |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Pilotos | 7. Michael Schumacher[2] 8. Nico Rosberg[3] |
Carreiras | 20 |
Gañadas | 1 |
Poles | 1 |
Voltas rápidas | 3 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
* Mercedes GP Petronas F1 Team official website |
O Mercedes F1 W03[4] é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Mercedes AMG Petronas Formula One Team para o seu uso na tempada de Fórmula Un de 2012. O coche será pilotado polo sete veces Campión do Mundo de Pilotos Michael Schumacher e por Nico Rosberg. O coche foi presentado o 21 de febreiro, antes do segundo test das probas de inverno da tempada.[5] O equipo utilizou o predecesor do F1 W03, o Mercedes MGP W02, na primeira proba en Xerez da Fronteira. Correndo tres dos catro días a fin de avaliar as especificacións dos pneumáticos Pirelli para 2012.[5] O W03 completou unha sesión en Silverstone o 16 de febreiro[6] e realizouo un test privado no Circuíto de Cataluña en Barcelona o 19 de febreiro;[7] baixo as normas deportivas, o equipo tiña dereito a realizar unha proba privada, xa que asistira a só tres dos catro días de probas en Xerez.[8]
No Gran Premio da China de 2012, Nico Rosberg logrou a primeira pole position de Mercedes, e a primeira vitoria desde o Gran Premio de Italia 1955.
Deseño[editar | editar a fonte]
O W03 F1 debuto na primeira carreira da tempada en Melbourne co que se describiu como un "concepto de á radical".[9] As especulacións suxiren que o á utiliza o concepto F-duct (desenvolvido por McLaren en 2010) soprando aire a través da superficie do á para "detelo", cancelando así toda a carga aerodinámica e arrastre que corre sobre o á e permitindo que o coche logre unha velocidade máxima superior.[10] O sistema desenvolvido por Mercedes crea un efecto F-duct no alerón dianteiro cando a aleta do (DRS) do alerón traseiro está aberta. Abrindo a aleta aparecen dúas reixillas de ventilación, que canalizan o aire cara a atrás a través do auto e o alerón dianteiro, anulando a carga aerodinámica xerada polo alerón dianteiro, coa intención de aumentar a estabilidade en curvas de alta velocidade.
Controversia[editar | editar a fonte]
O xoves antes do Gran Premio de Australia, o delegado técnico da FIA Charlie Whiting declarou que o sistema era legal.[9] Con todo, pouco antes da última sesión de adestramentos na tarde do sábado, os representantes de Red Bull Racing e Lotus F1 achegaronse aos comisarios da carreira e pediu que a FIA revisase o veredicto inicial, afirmando que o sistema de alerón dianteiro era unha violación dos artigos 3.15 e 3.18, que rexen o uso do DRS e dos dispositivos aerodinámisos accionados polo piloto.[11] O xoves antes do Gran Premio de Malaisia, a FIA rexeitou todas as demandas sobre a ilegalidade do sistema, e permitiu competir a Mercedes sen ter que modificar o coche.[12] Tres semanas máis tarde, en China, Lotus F1 presentou unha protesta formal contra o sistema, citando o artigo 3.15 das normas técnicas, que establece que "calquera dispositivo que inflúe na aerodinámica do coche debe permanecer inmóbil en relación á parte suspendida do vehículo"[13], como base para a súa impugnación.[14] Máis tarde os comisarios rexeitaron por unanimidade a protesta.[15] Afirmaron que "o único propósito da DRS como se indica no artigo 3.18.3, é mellorar os adiantamentos. O deseño do Mercedes é completamente coherente con este obxectivo"[16] e ademais aclararon que "a protesta é rexeitada co argumento de que a FIA confirmou a afirmación que tiña do equipo Mercedes, de conformidade co artigo 2.4 e / ou 2.5 do Regulamento Técnico de F1 , pediu aclaracións ao Departamento Técnico da FIA referente a esta materia e a FIA confirmou que o deseño de Mercedes fora considerado permisible ", antes do inicio da tempada. Lotus confirmou que non van recorrer a decisión.[17]
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Mercedes AMG Petronas | Mercedes FO 108Z | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 142 | 5º | |
Michael Schumacher | Ret | 10 | Ret | 10 | Ret | Ret | Ret | 3 | 7 | 7 | Ret | 7 | 6 | Ret | 11 | 13 | 22† | 11 | 16 | 7 | ||||||
Nico Rosberg | 12 | 13 | 1 | 5 | 7 | 2 | 6 | 6 | 15 | 10 | 10 | 11 | 7 | 5 | Ret | Ret | 11 | Ret | 13 | 15 |
* Tempada en curso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012.
- ↑ "Schumacher could stay in F1 after 2012". Espnf1.com (ESPN). 27 January 2010. Consultado o 25 July 2010.
- ↑ "Rosberg extends Mercedes contract". EspnF1.con (ESPN). 10 November 2011. Consultado o 10 November 2011.
- ↑ "Mercedes delay track debut of 2012 F1 car". The Sydney Morning Herald. 6 December 2011. Consultado o 6 December 2011.
- ↑ 5,0 5,1 Freeman, Glenn (27 January 2012). "Mercedes GP adamant test delay will help team with new F1 car". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 5 February 2012.
- ↑ Collantine, Keith (16 February 2012). "Mercedes W03 spotted testing at Silverstone". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 February 2012.
- ↑ "@MercedesAMGF1: 19 February". Twitter. Twitter Inc. 19 February 2012. Consultado o 20 February 2012.
- ↑ Cooper, Adam (19 February 2012). "Mercedes conducts full test at Barcelona with W03". Adam Cooper's F1 Blog (Wordpress). Consultado o 20 February 2012.
- ↑ 9,0 9,1 Noble, Jonathan (15 March 2012). "Mercedes F1 team's rear wing concept deemed legal by FIA". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 15 March 2012.
- ↑ Scarborough, Craig (14 March 2012). "Mercedes: F-Duct Front Wing operated by the Rear Wing DRS". Scarbsf1 - everything technical in F1 (Craig Scarborough). Consultado o 15 March 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (17 March 2012). "FIA asked to re-think its view on the Mercedes DRS-activated F-duct". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 March 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (22 March 2012). "FIA rejects claims that Mercedes's rear wing is illegal". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 22 March 2012.
- ↑ Benson, Andrew (21 January 2012). "FIA ban new technical innovation developed by Lotus and Ferrari". BBC F1 (BBC). Consultado o 3 April 2012.
- ↑ "Lotus files protest against Mercedes's rear wing". Autosport (Haymarket Publications). 12 April 2012. Consultado o 12 April 2012.
- ↑ Elizalde, Pablo (12 April 2012). "Lotus protest against Mercedes wing rejected by FIA". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 12 April 2012.
- ↑ Benson, Andrew "Lotus's protest against Mercedes controversial DRS system rejected" BBC News. 13 April 2012. Retrieved 2012-04-16
- ↑ Noble, Jonathan "Lotus will not appeal stewards' decision on Mercedes rear wing" Autosport. 12 April 2012. Retrieved 2012-04-16
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes F1 W03 |