Megaforce Records
Megaforce Records | |
---|---|
Fundado en | 1982 |
Fundador | Jon Zazula e Marsha Zazula |
Estado | activo |
Distribuidoras | Sony Music Entertainment/RED Distribution |
Xénero(s) | heavy metal, thrash metal, punk rock, alternative rock |
Orixe | Estados Unidos |
Localización | Nova York |
http://megaforcerecords.com/ | |
Megaforce Records é un selo discográfico independente estadounidense fundado en 1982 por Jon e Marsha Zazula para publicar os primeiros traballos de Metallica. Ten oficinas en Nova York e Filadelfia, estando a súa sede na primeira desas cidades. O selo é distribuído nos Estados Unidos por Sony Music Entertainment/RED Distribution. Foi distribuído por Atlantic Records nese país dende 1987 a 1991 mentres que as gravacións de Anthrax fixérono dende 1985 ata 1991 a través de Island Records.
Varios artistas de Megaforce teñen aparecido na lista Billboard 200, como Metallica, Living Colour, Blue October, The Black Crowes, Anthrax, Overkill, Testament, Mushroomhead, Ministry, Bad Brains e Meat Puppets. The Black Crowes, Meat Puppets e Skid Row teñen recibido varias certificacións da RIAA nos Estados Unidos.