Matavenero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMatavenero
Imaxe

Localización
Mapa
 42°32′14″N 6°22′17″O / 42.537222222222, -6.3713888888889Coordenadas: 42°32′14″N 6°22′17″O / 42.537222222222, -6.3713888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioTorre del Bierzo
Entidade singularQ79843608 Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24370 Editar o valor em Wikidata

Matavenero é unha localidade do concello de Torre del Bierzo, na comarca do Bierzo (León, Castela e León). Segundo o padrón municipal (INE 2012) conta con 84 habitantes (46 homes e 38 mulleres), o que supón unha diminución en 3 habitantes en relación ao ano anterior.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

Pódese acceder desde a antiga estrada N-VI (A Coruña-Madrid), desviándose cara a vila de San Andrés de las Puentes e de aí a San Facundo. Tras esta vila acábase a estrada e comeza un camiño de montaña non apto para automóbiles. Tamén se pode acceder desde a estrada Astorga-Ponferrada (Camiño de Santiago) nun desvío a través de pista forestal, preto de Foncebadón ou unha vez pasado Molinaseca tomando a estrada de Onamio e continuando cara a Paradasolana e continuando por pista forestal.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIX pertenceu ao desaparecido concello de Alvares de la Ribera (hoxe localidade chamada Albares de la Ribera). Quedou deshabitado a finais dos anos 1960, até que en 1989 varias persoas de distintas nacionalidades establecéronse nesta localidade e na próxima de Poibueno, intentando crear o que chamaron aldea ecolóxica ou ecoaldea,[2] organizándose en Xunta Veciñal.

Tras solucionar problemas básicos como a auga potable (subministrada por regos de montaña) e a subministración enerxética (principalmente a través de placas solares), a poboación creceu, creándose unha serie de negocios artesanais e agrícolas (comerciando nas feiras e mercados das vilas e cidades próximas, principalmente Ponferrada e Astorga), á vez que conta con panadería, tenda e un pequeno restaurante.

Desde a súa recuperación como vila habitada, naceron máis de 30 nenos, polo que ao sumarse os residentes en Matavenero, fíxose necesaria a creación dunha escola, á que chaman “escola libre”.

A circulación de vehículos de motor está prohibida na localidade e conta con zona de acampada libre, para visitantes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]