Maruxa Orxales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Ferrol, España |
Morte | 13 de xaneiro de 2010 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | escritora , poetisa |
Período de actividade | 1971 - |
Pseudónimo literario | Maruxa Orxales |
Lingua | Lingua castelá |
Dulce María Orjales Valcárcel, máis coñecida como Maruxa Orxales ou Maruxa Orjales, nada en Ferrol e finada en Madrid o 13 de xaneiro de 2010[1], foi unha poeta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Trasladouse a Madrid para cursar estudos de Psicoloxía. Deuse a coñecer en revistas, radio e prensa. Foi finalista do Premio de novela curta do Café Xixón.
Obras[editar | editar a fonte]
- Te he perdido, para ti mis palabras (Autoeditado, 1971).
- Viviendo en amor (Autoeditado, 1974).
- Caminos (El Arte, Instituto del Libro, 1975).
- Elesmiel (Torremozas, 1989).
- ¿Se apagará esta luz...? (Torremozas, 1992).
- Vientos de amor (Primera Persona, 2004).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Necrolóxica de Maruxa Orxales no diario ABC" (en español). ABC. 22 de xaneiro de 2010. Consultado o 17 de novembro de 2013.