Marisol Soneira Tajes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1954 (69 anos) Camariñas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
María Soledad Soneira Tajes, nada en Camariñas o 10 de decembro de 1954, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou estudos de Ciencias Políticas. É artesán e dirixiu unha comercializadora de encaixes de Camariñas. Foi concelleira en Camariñas. Accedeu ao Parlamento de Galicia en 1999 substituíndo a Javier Losada de Azpiazu. É portavoz da área de emigración do Grupo Parlamentario Socialista. É Secretaria de Movementos Migratorios da CENG do PSdeG-PSOE desde 2000. Foi elixida deputada nas autonómicas de 2001 e volveu ser elixida en 2005, 2009 e 2012. Foi portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista na lexislatura 2009-2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.